sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os afectados polos cortes de subministro eléctrico contan cun servizo gratuíto de asesoramento

Os afectados polos cortes de subministro eléctrico contan cun servizo gratuíto de asesoramento
cortes-luz-indemnizacion Na Costa da Morte houbo vilas como Muxía que estiveron tres días sen subministro eléctrico a causa do pasado temporal Os veciños e veciñas da bisbarra afectados polos cortes de suministro eléctrico a causa do temporal da fin de semana pasada contan cun novo servizo de asesoramento na redacción e presentación de reclarmacións. Houbo vilas da Costa da Morte, como Muxía, que estiveron tres días sen luz.in A través deste novo servizo de asesoramento, a Deputación da Coruña pon a disposición dos cidadáns e concellos afectados un equipo de técnicos que informarán, de maneira totalmente gratuíta, sobre como presentar reclamacións e en que casos a compañía eléctrica deberá facerse caso de problemas e prexuízos indemnizables. Os interesados xa poden contactar cos técnicos da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña - FAEPAC - a través do teléfono 981 10 21 11 e o correo electrónico [email protected]. Cálculo das compensacións Os especialistas da FAEPAC asesorarán sobre os pasos a seguir para a presentación das reclamacións en calquera das tres vías posibles: ante á distribuidora/comercializadora para solución do problema por vía amistosa, a través das oficinas de Consumo ou por vía xudicial. Á hora de presentar unha reclamación deste tipo, diferenciarase por un lado o reflectido na lei vixente en relación á calidade do subministro de electricidade e, por outra banda, o dereito que ten o consumidor a recibir compensacións polos danos e inconvenientes ocasionados. Neste senso, desde a FAEPAC explican que se poden solicitar indemnizacións se o número de horas ou de interrupcións sobrepasa os límites de calidade establecidos. Así mesmo, os consumidores tamén teñen dereito a recibir compensacións polos danos e inconvintes que os fallos no subministro puideran ocasionar, coma a perda de alimentos almacenados en conxeladores e frigoríficos ou danos irreversibles en aparatos electrónicos, coma televisores ou ordenadores. En caso de discrepancia entre o distribuidor e o consumidor, ou, no seu caso o comercializador, resolverá o órgano competente da Administración Autonómica onde se ubique o subministro.

Novas relacionadas

Fonte Redacción QPC ([email protected]) Deputación da Coruña  

Comentarios