Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os alumnos de FP tamén marchan de Erasmus

Os alumnos de FP tamén marchan de Erasmus
Alumnos do IES Monte Neme que marchan de Erasmus Alumnos do IES Monte Neme que marchan de Erasmus Alumnos do IES Monte Neme que marchan de Erasmus a facer practicas Alumnos do IES Monte Neme que marchan de Erasmus a facer prácticas

Por experiencia propia dicimos que a experiencia Erasmus é a mellor que pode disfrutar un novo adolescente mentres cursa os estudios, antes universitarios pero agora tamén de FP. Desta volta serán 8 alumnos carballeses dos ciclos formativos do IES Monte Neme os que darán envexa aos seus compañeiros facendo as prácticas no estranxeiro, no marco do programa ERASMUS +.

Un ano máis, o centro carballés entra no proxecto europeo Erasmus + “Europa, Next Station: Vocational Training Network”, no que están inscritos 19 Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia e 18 Institutos de Educación Secundaria que ofertan ensinanzas de formación profesional.

O proxecto supón a posibilidade de que 344 alumnos e 44 profesores de formación profesional de Galicia poidan facer prácticas, desde setembro de 2014 ata xuño de 2016, en diferentes países da Unión Europea: Alemaña, Finlandia, Polonia, Italia, Portugal, Francia, Malta, Países Baixos, Irlanda e Reino Unido, entre outros. 8 serán carballeses.

Os alumnos pertencentes aos Ciclos Medios de Xestión Administrativa, Mecanizado, Instalacións Eléctricas e Automáticas e Instalacións de Telecomunicacións comezarán as prácticas no estranxeiro na primeira semana de abril. Os países de destino nesta ocasión serán Malta, Polonia e Portugal.

Os estudiantes Iván Bermúdez Taibo do CM de Xestión Administrativa e Adrián Vázquez Rojo, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, realizarán as súas prácticas en Wroclaw (Polonia). Andrés Camilo Gómez Chica, do CM de Mecanizado, e Ricardo Lamas Liñares, do CM de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas cursarán o módulo de FCT en Malta, mentres que Antonio García Lavandeira e Alexis Rodríguez, do CM de Instalacións de Telecomunicacións, e Alejandro Rey Cabeza e Rubén Barreira Castiñeira, do CM de Instalacións e Electrotécnicas e Automáticas viaxarán a Portugal.

Baixo este mesmo proxecto, este ano, catro profesores do IES Monte Neme realizaran unha estadía formativa no estranxeiro, ca finalidade de visitar centros educativos e empresas durante unha semana.

Fantásticas prácticas

As prácticas de formación no estranxeiro terán unha duración de 10 semanas, obtendo o mesmo certificado que ao facer as prácticas de FCT (Formación en Centros de Traballo) en Galicia, pero con todas as vantaxes que ten coñecer outra cultura e outra forma de traballar, obtendo así un valor engadido á súa formación.

Baixo este proxecto, o ano pasado, un alumno do Ciclo Medio de Xestión Administrativa do IES Monte Neme, Rubén Pombo Bardanca, realizou as prácticas en Malta. A estadía formativa que realizou nunha empresa de dito país supuxo unha experiencia positiva e moi enriquecedora, que lle permitiu avanzar no coñecemento de idiomas ademais de poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo formativo.

Fonte

  • IES Monte Neme.

Comentarios