O Festival Carballo Interplay recibe un dos Premios da Crítica de Galicia
- A iniciatia APEGO, nacida en Carballo, tamén foi recoñecida polos premios máis antigos de Galicia da sociedade civil.

Entregáronse este sábado 18 de outubro na sede de Afundación de Vigo, a gala de entrega da XLVII edición dos Premios da Crítica de Galicia. E Carballo foi máis que protagonista nos premios máis antigos de Galicia que brinda a sociedade civil.
O xurado específico formado por xentes do mundo da rede, entregaron o Premio da Cultura Dixital ao festival Carballo Interplay, certame de contidos dixitais e webseries impulsado por Xosé Regueira desde a Concellaría de Promoción Económica e Turismo. “É unha iniciativa pioneira no Estado que logrou consolidarse e manterse sen presentar signos de fatiga”, constituíndose como “un viveiro para a creación dixital galega e en galego, conformando en Galicia un ecosistema rico, diverso e profesional”, destacou un xurado que tamén quere poñer en valor a dirección feminina.
Programa Apego
Tamén foi distinguido outro proxecto co-impulsado polo Concello de Carballo: o programa Apego, que ao longo da súa historia estivo presente en 32 concellos de toda a xeografía galega, e que logrou o galardón á mellor iniciativa cultural. Recolleuno o concelleiro Ramón Rodríguez, como presidente de Alingua, a asociación de concellos que promove Apego, entre outras iniciativas.
O resto de premios que distinguen artistas e iniciativas nas modalidades son:
- Creación Literaria: Lara Dopazo Ruibal.
- Investigación en Ciencias e Tecnoloxía: Grupo de Belén Riveiro.
- Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades: Xosé Miguel Andrade Cernadas.
- Música: Cuarteto Quiroga.
- Artes Plásticas: Chus Martínez
- Artes Escénicas: Teatro de Ningures
- Cine e Artes Audiovisuais: Manolo González
- Cultura Gastronómica: