Os concellos da Costa da Morte reciben máis de 204.000 euros para a contratación de técnicos deportivos
08:06 06/06/18
79 concellos de toda a provincia recibirán este ano un total de 979.925,40 euros para contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipal. O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para este fin.
Os concellos poderán contratar a graduados universitarios en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou a técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas. O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou que “con este programa perséguense dous obxectivos”. Por unha banda, “contribuír á creación de postos de traballo na provincia”, facilitando que os concellos contraten persoal cualificado, e por outra, “fomentar a práctica de actividades deportivas”, especialmente entre a mocidade e as persoas maiores.
Asemade, a liña de axudas da Deputación permitirá desenvolver programacións deportivas estables e homoxéneas, durante todo o ano e en todos os concellos da provincia, independentemente do seu tamaño.
Novas relacionadas
CONCELLO | ACHEGA |
Cabana de Bergantiños | 9.240 |
Camariñas | 6.740 |
Carballo | 14.240 |
Cee | 14.240 |
Corcubión | 14.240 |
Dumbría | 9.240 |
Fisterra | 9.240 |
Laxe | 14.240 |
Malpica | 14.240 |
Muxía | 9.240 |
Ponteceso | 14.240 |
Vimianzo | 14.240 |
Zas | 9.240 |
Carnota | 14.240 |
Mazaricos | 14.240 |
Muros | 9.240 |
Santa Comba | 14.240 |
Total | 204.580 |
- 2018: A Deputación destinta 980.000 euros para a contratación de técnicos deportivos
- 2016: Todos os Concellos da bisbarra agás Coristanco reciben axudas da Deputación para os técnicos deportivos
- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación da Coruña
- Redacción QPC ([email protected])
|