![]()
No 2018 os traballores galegos terán un festivo máis no seu calendario laboral. Así serán un total de 15 os días non laborables na comunidade, dos cales, dous son escollidos polo propio concello. Unha das principais novidades do calendario laboral do próximo ano é que o
17 de maio - día das Letras Galegas - será un festivo "recuperable". É dicir, será a empresa a que pacte cos traballadores a forma de recuperar esas horas.
Así, os días 1 de xaneiro, 30 de marzo (Venres Santo), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, e 6, 8 e 25 de decembro serán días festivos de carácter obrigatorio e non sustituibles. A éstes hai que sumarlle os festivos nacionais do 6 de xaneiro, 29 de marzo (xoves Santo) e 25 de xullo.
A Xunta de Galicia fixou para o 2018 como festivo "recuperable" o 17 de maio e a todos eles hai que sumarlles os
festivos locais de cada concello.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)