Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os pioneiros Consellos Parroquiais carballeses seguen formándose

Os pioneiros Consellos Parroquiais carballeses seguen formándose
Consello Parroquial de Rus-Reunion Imaxe da creación do Consello Parroquial de Rus Consellos Parroquiais de Ardana e Oza Consellos Parroquiais de Ardaña e Oza

Sempre é, mírese por onde se mire, positiva a participación cidadá nas decisións políticas. Por exemplo, en Carballo xa teñen activo o novo Portal de Partición Veciñal, e andan montando os Consellos Parroquiais, un proxecto pioneiro na Costa da Morte e en boa parte de Galicia, que creará entidades que unen aos veciños co Concello nas 15 parroquias rurais.

Xa están formados os Consellos de en Ardaña e Oza, con grupos de 12 membros, interxeracionais e paritarios.

Desta volta, o pasado martes celebrouse a de Rus. No local social de Ramil xuntáronse medio cento de persoas, e despois das explicacións ofrecidas polo alcalde, Evencio Ferrero, e do persoal da empresa Deloga, que se encarga da parte técnica, foron moitos tamén os que se comprometeron a formar parte do Consello Parroquial. Á parte dos representantes políticos, en Rus haberá un equipo de traballo integrado por tres asociacións e 14 veciños/as a título individual.

Consello Parroquial de Rus Carballo Consello Parroquial de Rus

Vindeiras citas

As próximas xuntanzas abertas celebranse en Sísamo (martes 18, ás 20.30, no centro social) e Sofán (xoves 27, ás 20.30, no centro social). As restantes terán lugar entre novembro e decembro. Deste xeito, antes de que remate o ano saberemos en que parroquias se abre esta nova canle de comunicación directa bidireccional entre o Concello de Carballo e a cidadanía que é, en definitiva, un Consello Parroquial.

Máis información

Poden informarse en www.carballo.org/participacionvecinal/portada/, en [email protected] ou no no 608 201 251.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios