Os polígonos de Carballo e Santa Comba reciben novas empresas gracias ás bonificacións
07:57 31/03/17
Captura do Poligono de Santa Comba
A direferencia de prezos do solo empresarial nos diferentes polígonos da bisbarra débese a que uns dependen da Xunta e outros ao Goberno central. Así, por exemplo, mentres o polígono de Buño segue sen inquilinos , outros van cobrando vida.
Neste caso, e como acontecera o pasado mes de outubro, varias parelas do Polígono Empresarial de Carballo, e unha do Polígono de Santa Comba, veñen de ser adxudicados pola Xunta con importantes bonificacións.
O consello de administración de Xestur adxudicou así 7 parcelas nos dous parques costeitos. A bonificación do 30 ou 50 por cento sobre o prezo do solo empresaria permitiu que xa se adxudicase máis de 20.000 metros cadrados a empresas que se comprometen a edificar as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos.
PARQUE | Nº parcelas | Superficie (m2) | Prezo de adxudicación € | Importe bonificación € (xa descontado do prezo de adxudicación) |
Bértoa (Carballo) | 6 | 19.263,00 | 710.210,38 | 642.952,32 |
Santa Comba | 1 | 1.910,00 | 69.540,00 | 29.780,00 |
Novas relacionadas
- Febreiro 2017: O Parque Empresarial de Malpica, aínda sen empresas, xa conta con 350 megas.
- Xaneiro 2017: As mámoas do polígono de Mazaricos, protagonistas do pleno.
- Outubro 2016: Adxudicadas tres novas parcelas no polígono de Bértoa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).