![portdas.fh11]()
A piques de chegar están xa os
Magos de Oriente. Por iso, é habitual que os seus axudantes percoran hoxe os centos de
comercios da vila co fin de atopar o mellor agasallo. Dende Que Pasa na Costa gustaríanos que moitos destes presentes fosen
en galego; e para ter unha boa serie de recomendacións podemos ver a proposta que nos fan dende as bibliotecas escolares e a municipal do
concello de Muxía co seu catálogo virtual de recomendacións de agasallos.
Na publicación Libros Comarea inclúense lecturas para todas as idades e unha selección de música galega, ideais para agasallar no día de Reis.
O folleto de recomendacións pódese ver pinchando no seguinte enlace:
A novidade deste ano é a difusión do proxecto "Galicia Le", impulsado pola Rede de Bibliotecas de Galicia.