Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os trasn@s cabalgan sós

Os trasn@s cabalgan sós
Trasnos rematando en Fisterra o -adestramento- do Ultratrail Camiño dos Faros- Foto-Dani Lema Trasnos rematando en Fisterra o -adestramento- do Ultratrail Camiño dos Faros- Foto-Dani Lema Esto do deporte extremo mesturado coa natureza salvaxe da Costa da Morte pode con todo. Hai apenas 15 días a organización do Ultratrail Camiño dos Faros tiña que suspender a proba por culpa das esixencias de Tráfico. Pero o que non puideron prohibir é o afán dun grupo de deportistas que quixeron manter vivo o Ultratrail convertíndoo nun “adestramento extremo entre amigos”. Así partiron 28 persoas o pasado xoves dende Malpica un nutrido grupo de heroes. Só os separaban do Faro Fisterra dous días e 203 km de camiños escarpados e lugares impresionantes. Ponteceso, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía e Fisterra viron pasar pantasmas correndo polo litoral… Finalmente chegaron a Fisterra unha ducia de heroes, ademais do grupo Bazarra, formado por 5 persoas que foron dándose relevos ata a meta noutro exemplo de traballo en equipo! Tamén participaron un grupo de cataláns, que estaban apuntados á cita oficial e que quixeron compartir este “adestramento”. Emoción e ilusión mesturáronse con maniotas e bochas, pero cun sentimento de unidade que dá conta da importancia do que están a facer tanto a experiencia trasna do Camiño dos Faros como o deporte de aventura, na vertebración da Costa da Morte. Un luxo ver tan unidos atletas de Vimianzo, de Cee, de Camariñas… unidos cunha bandeira común, neste caso a da Federación Galega de Enfermidades Raras, que se ben non puido recibir o recaudado (a intención é que cada articipantes puxese un euro por cada kilómetro percorrido e que esa recaudación fose para a FEGEREC) si estivo nos corazóns dos participantes. Queda agora a reflexión para as autoridades. Non permitiron realizar un evento que xa tiña unha edición ás costas, que demostrou que se pode realizar sen problema ningún, cunha marea de colaboradores que fan realidade un desexo comarcal. Parabéns a estres brav@s trasn@s a título individual, exemplo de superación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios