Martes. 23.04.2024
El tiempo

Outras tres empresas para os Polígonos da Laracha, Muros e Vimianzo

Gerca en Vimianzo
Gerca adquiría unha nova parcela no polígono de Vimianzo o ano pasado
Outras tres empresas para os Polígonos da Laracha, Muros e Vimianzo

Celebraba esta semana o seu Consello de Administración trimestral a entidade semipública Suelo Empresarial do Atlántico. Un Consello que ratifica a boa acollida, sobre todo, da proposta de Dereito de Superficie, que permite alugar parcelas dende 64 euros/mes.

Así, destacan o impulso xerado nos polígonos de Laracha, Muros e Vimianzo, Muros e Rianxo.

En cifras, no polígono vimiancés adxudicouse a parcela F-10, de 1.188,03 metros cadrados, por valor de 81.938,42 euros. Consolídase así a recuperación desta área industrial na que a compañía Gerca adquiriu outra parcela en 2021.

No caso de Muros o Consello trimestral permitiu a adxudicación de chan en Dereito de Superficie, a empresa coas parcelas (18 e 19), que suman un total de 1.760 metros cadrados.

Ademais, Suelo Empresarial do Atlántico adxudicou este trimestre unha parcela de 1.200 metros cadrados na Laracha (A Coruña) por importe de 94.380 euros. Especial é o caso larachés, que nos últimos tres anos, as adjudicaciones na Laracha converteron o polígono en motor económico da comarca, cunha ocupación superior ao 80% do chan dispoñible e xa pide unha ampliación.

Máis novas sobre Polígonos

Comentarios