Sábado. 20.04.2024
El tiempo

París tamén aprende da Experiencia Social Xiria

París tamén aprende da Experiencia Social Xiria
Parte dos membros das Escolas de Balonman Xiria que participaron no encontro carballés en Agosto.

Segue a famiia das Escolas Balonmán Xiria levando por Europa a súa experiencia deportiva-social. E o fai a través do Proxecto Europeo "Práctica deportiva e inclusión social", algo de gran interese pois poder participar como partner nun proxecto no que participan entidades de toda Europa non é nada sinxelo.

Xa os vimos por Italia e Eslovaquia, e hoxe viaxamos con eles ata París. Ata alí se desprazaron varios representantes da canteira carballesa. Aí están Patricia García Licenciada en Filoloxía Inglesa, Juana Garrochena estudiante de INEF, Olalla García e Catalina Gili Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do deporte.

O ente anfitrión é a asociación France Amérique Latine de Paris (Francia) e asisten ata o domingo representantes do Centrum vol'ného de Kosice (Eslovaquia); Associazione Cultural Enzimistudio de Turín (Italia); Filoxenia, Kentro Diapolitismikon Programmaton kai Antallagon de Corinto (Grecia), ademais das Escolas de Balonmán Xiria de Carballo.

Este proxecto trata de por en común boas prácticas deportivas que funcionan de xeito individual en cada país. Estas boas prácticas están relacionadas coa procura do xogo limpo, a igualdade de oportunidades e de xénero e a interacción entre diferentes xeracións, insistindo sempre na importancia da participación e en evitar o risco para a saúde.

A presente estancia en París, presidida pola asociación France Amérique Latine leva como título: “Urban sports”. Esta asociación de Solidaridade Internacional quere mostrar o papel integrador do deporte urbán: Roller-Skate, Capoeira, Karate, etc. e a importacia do Deporte como propulsor da Integración Social. De ahí os faladoiros que se van a organizar e que vinculan o deporte coa: Educación Popular, Inserción Profesional, Inmigración, e demáis temas relativos a combater a exclusión social.

Novas relacionadas

Fonte

  • información das Escolas de Balonmán Xiria da man de Cristina Muñiz.

Comentarios