sábado. 24.05.2025
El tiempo

#ParoCdM: O sector servicios segue freando a mellora do paro na Costa

#ParoCdM: O sector servicios segue freando a mellora do paro na Costa
Hermanager Humor co Paro

Analizamos os datos que onte nos achegaba o IGE sobre o paro na Costa da Morte. Gracias á analise de José Luís Louzán, podemos ver as liñas polas que comeza o 2014 en material laboral.

Se ben a Xunta e o Goberno esfórzanse porque se vexan dun xeito positivo, parece que a emigración ten que ver coa teórica mellora das cifras. Entrementres, xa supera a economía mergullada xa supera o 25%, os conflitos laborais seguen aparecendo, e a precariedade laboral vai en aumento.

O Parto en cifras

A primeira cifra é directa, 4473 personas están inscritas como demandantes de emprego en toda a Costa da Morte. Cee segue sendo Concello con más parados (858), seguido de Vimianzo (693) e Camariñas (598).

Comparando co mes anterior, temos 90 persoas máis sen traballo que en decembro. Zas encabeza as subidas con +26 menos paradas, seguido de Dumbría que ten 2 persoas menos que buscan traballo.

Por sectores

O sector primario segué a ser o que menos paro rexistra na Costa da Morte. 239 parados en toda a Costa da Morte por 2.383 no sector Servizos, o sector máis afectado.
Mentres, a construción é o segundo sector con maior cota de parados, sumando un total de 998 en toda a bisbarra, destacando Vimianzo á cabeza (206), seguido de Cee (169).

Ademais, na comarca de Fisterra o sector Servizos suma mais paro (1397) que o resto de sectores xuntos (920).

Por sexos

O paro feminino segue a ser un problema. Só en Corcubión e Zas hai máis homes que mulleres en paro. En Cee, por exemplo, onde hai máis mulleres en paro de toda a bisbarra, son 473 mulleres supoñendo un 55% dos parados.

Novas relacionads

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios