Os Percebeiros da Costa da Morte preparan a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO
Tras moitos anos de pequenos pasos, e varias semanas de toma de decisións, os percebeiros da Costa da Morte unen forzas para conseguir unha distinción a nivel internacional: a consecución do oficio como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
Así o veñen de decidir varios profesionais da comarca, que se unen dende Caión a Fisterra, pasando por Malpica, Corme, Laxe, Camelle ou Muxía, para conseguir, esta catalogación que recoñeza que falamos dunha profesión ancestral.
A primeira parada desta longa singradura foi en Buño. Esta semana o GALP Costa da Morte acolllía a primeira xuntanza, en presenza de profesionais do mar, rexedores, xentes das confrarías e o xerente do ente público comarcal, Guillermo González.
Foi pistoletazo de saída, que continuará cunha reunión na Xunta de Galicia, no Ministerio, para ir pasando filtros ata chegar ao estamento internacional.
As confrarías traballan agora na recompilación de material histórico e gráfico, para demostrar que falamos dunha práctica que se remonta nos tempos e que se segue facendo un xeito cen por cen artesanal, sendo ademais unha representación da cultura mariñeira de todo un país.
O camiño está marcado, e non hai apenas tres semanas que o proxecto radiofónico escolar Ponte nas Ondas conseguía inserirse no rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Inmaterial da UNESCO.