O Percebe cumpliu 30 anos cunha festa integral

Había gañas de festa. Notouse no Asalto, e notouse tamén no Percebe de Corme. Unha festa doble, que pasar por ser unha das citas máis importantes para a mocidade de Bergantiños, pero sobre todo, unha festa gastronómica de Interese Turístico Galego, que cumple 30 anos poñendo en valor o mellor percebe do mundo.
Así, despois de toda a semana traballando arreo nas Moas do Roncudo, os case 40 percebeir@s da vila, conseguiron xuntar arredor máis de 800 kilos dun dos mellores mariscos do mundo para dar preto das 2.000 racións a 25 euros.


A ollada ás orixes simbolizouse cos e pregoeiros. A presentadora Estívaliz Veiga foi presentando a algúns dos culpables de que esta festa arrincase aquel 4 de xullo de 1992. Falaron, ademais de Roberto Vidal, o percebeiro e actual patrón, Inocencio Suárez, o patrón maior daquel ano; Marcial Mouzo, o xornalista camariñán foi o primeiro pregoeiro; e Ramón Saleta, o cormelán foi o alcalde de Ponteceso que apoio aquela primeira edición.

Paralelamente, a parte máis festeira, xa deixaba ateigada antes da sesión vermú a rúa dos bares, a praza da Ribeira, os xardíns… As camisetas conmemorativas de cada pandilla lucían diversos lemas, uns máis divertidos e outros máis reivindicativos, permitindo reencontros esperados.
A música dos diferentes djs non parou ata ben entrada a mañá.
