Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Os percebeiros mobilízanse ante unha nova restrición por parte da Xunta

Percebeiros da Barca by Juan Louro
Percebeiros da Barca by Juan Louro
Os percebeiros mobilízanse ante unha nova restrición por parte da Xunta

Os percebeiros levan décadas traballando cuns pasos moi claros. Recollen o percebe nas pedras, onde lle dan a primeira limpeza, e onde pasan o primeiro, dos 3 que pasan antes da venda, punto de control, cunha pesada. Das pedras marchan co bolso para casa, onde lle meten un novo repaso e clasifican o percebe segundo tamaño. Da casa van para a confraría, onde preparan o documento de transporte, a “guía”, onde volven pesar o material. E finalmente adoitan ser eles os que levan o percebe á lonxa, na meirande parte da comarca, á lonxa da Coruña.

Un procedemento que pode verse truncado por unha lei de 2008 enmarcada no Plan do Marisqueo, que impide aos percebeiros levar o percebe para casa e que obriga ao vixilante a selar os bolsos, deixalos na neveira na confraría e levalos el directamente á lonxa. Unha Lei pensada para zonas onde o berberecho ou ameixa se vende na propia lonxa onde se recolle sempre cun prezo moi semellante, nada que ver co mundo do percebe.

Os percebeiros da comarca levan así incumprindo esa lei durante décadas, pero a Xunta nunca puxo impedimento debido á problemática que lles xenera, pero nas últimas semanas, Camariñas e Camelle xa recibiron controis deste tipo.

Por iso, as Agrupacións da provincia xa están uníndose para pedirlle á Xunta que modifique a norma ou que levante o pedal. De feito, este vindeiro luns ás 17:30h, reuniránse en Corme, con presenza de Agrupacións dende Ferrol a Aguiño, e darlle traslado á Federación de Confrarías para que medie.

Este mediodía representantes dos percebeiros achegáronse ata Muxía para falar directamente co Conselleiro do Mar, que descoñecía o asunto, pero se amosaba dialogante. 

As razóns

”Non vemos en que se pode mellorar a calidade ou a trazabilidade do percebe con esta medida”, explican dende as agrupacións da comarca. “Non entendemos que mellora con isto, o único que fai é complicarnos a vida, e facer que o vixilante non poida facer o seu traballo, que é vixiar as nosas costas do furtivismo”.

Porque a meirande parte das confrarías contan cun só vixilante, se o hai, polo “se está precitando sacos, e carrexando percebe cara Coruña, non está vixilando”, critican dende un sector moi cabreado, sobre todo, pola falta de consenso e de comunicación por parte da Consellería.

Ademais, moitas confrarías non poden custear unha neveira para deixar o percebe ata que o vixilante poida recollelo e levalo á lonxa.

Máis novas do mar

Comentarios