Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os percebeiros, outro Nadal máis con problemas para traballar a fin de semana previa

Percebeiros de Corme nas pedras do Roncudo
Os percebeiros, outro Nadal máis con problemas para traballar a fin de semana previa

Volve pasar de novo. Se ben o ano pasado, as mareas permitiron safar, en 2020 o sector do percebe da Costa da Morte contabilizaba unhas perdas de máis de 100.000€ por non ter podido traballar un sábado de nadal.

Téñeno solicitado en innumerables ocasións: “Necesitamos que nos deixen traballar cando vale o produto” de aí que a medida que os obriga a manter un descanso semanal de 48 horas seguidas incluíndo un día da fin de semana sexa un impedimento para o seu traballo.

Este sábado 17 de decembro acontece o mesmo. As condicións das mareas fan que o luns e martes non se poida traballar (as mareas danse de noite, ás 6:30h e 18:30h), polo que os percebeiros só van poder comezar cos días fortes antes da cea de Noiteboa mércores, xoves e venres.

De aí que sexan xa polo menos 4 ou 5 confrarías as que estean tramitando a posibilidade de traballar o sábado, e ir collendo produto de calidade.

Novas relacionadas

Comentarios