O PSOE e PP únense para devolver a impunidade ao sector da mexilla fronte ao percebe
- Porén, a veda da mexilla exténdese ata xaneiro

Tras aqueles episodios típicos dun thriller, a convivencia entre bateeiros e percebeiros segue tensa. Non axudou a nova normativa lanzada hai un ano pola Consellería do Mar, na que perfectamente se apreza a dobre vara de medir da Xunta, favorecendo enormemente ao sector do mexillón por diante do percebe.
Os termos poden cambiar se vai adiante a reformulación da normativa que propón o PSOE. O grupo socialista leva 6 meses propoñendo a creación dunha mesa de diálogo entre bateeiros e percebeiros, para buscar unha "estratexia que fomente o diálogo e a busca de solucións" .
Este martes, a Comisión de Pesca, na que tamén se analizou a mísera partida nos Orzamentos para a seguridade do porto malpicán, PP e PSOE acordaron a reformulación da normativa da recollida de semente de mexillón.
Pero a postura do grupo socialista dista moito dos intereses dos nosos percebeiros, porque entre o argumentario principal atópase a necesidade de “resolver a situación diante do problema evidente de falla de mexilla nas coras colectoras das bateas”, criticando a única medida de restricción de excluir apenas 50 km (dos 1.700) da extracción da mexilla. O PSOE critica que “o goberno galego impedira a recollida de semente nas rochas que viñan empregando dende hai décadas. Esta situación vai derivar nun problema nas depuradoras e nos cocedeiros, e pon en risco a propia continuidade do selo de calidade do mexillón galego”.
Veda da mexilla
Mentres, a Consellería do Mar emitiu hoxe sendas resolucións polas que se retrasa o inicio da campaña de extracción de semente de mexillón en bancos naturais nas provincias da Coruña e Pontevedra ata o vindeiro 9 de xaneiro. A decisión adóptase escoitando aos especialistas que sinalan que por agora aínda é de medio e pequeno, tamaño polo que a súa extracción pode ser prexudicial para o estado biolóxico da especie
e, ao mesmo tempo, pode implicar dificultades no seu proceso de fixación.
A campaña extractiva de semente de mexillón en bancos naturais comezará o vindeiro 9 de xaneiro de 2022 e prolongarase ata o 15 de xuño.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Marzo 22: O PSdG fomenta unha mesa de diálogo entre bateeiros e percebeiros.
- Xaneiro 21: A extracción da mexilla volve poñer de manifesto a dobre vara de medir da Xunta cos percebeiros.
- 30-11-21: Estas son as zonas de 5 Concellos da Costa nas que a Xunta limita a extracción de mexilla para garantir a convivencia co percebe.
- Setembro 21: O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.