Martes. 16.04.2024
El tiempo

A pesca artesanal denuncia en Europa a incompatabilidade da eólica mariña

Ana Miranda Bruxelas eólica mariña
A pesca artesanal denuncia en Europa a incompatabilidade da eólica mariña

Volveu ser, Ana Miranda, a transmisora dos sectores primarios do país no Parlamento Europeo. A eurodeputada do BNG, volveu dar voz á pesca artesanal para que expresar o rexeitamento aos proxectos de eólica mariña que se pretenden instalar no litoral do país. 

Miranda considera imprescindible que os proxectos de eólica mariña respecten o sector pesqueiro, así como o medio mariño. Defendeuno na conferencia que tivo lugar esta mañá no Parlamento Europeo “Sobre eólica mariña: cara un novo fracaso ambiental?”, na que participou unha delegación galega, asturiana e portuguesa representante do sector pesqueiro convidada polo Bloque.

“A loita contra o cambio climático non pode poñer en perigo os ecosistemas”, salientou Torcuato Teixeira, voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas
Mariños, na súa intervención na conferencia. Denunciou ademais a imposibilidade de que coexistan os proxectos de eólica mariña actuais coa actividade pesqueira debido, entre outras razóns, á particular configuración da plataforma continental ao longo da costa galega, moito máis estreita que no resto da costa europea.

Falou o Federación Española de Confrarías de Pescadores, o galego Basilio Otero, que criticou que o sector pesqueiro non foi consultado no desenvolvemento do plans de ordenación mariña para que puideran achegar información sobre a afectación ao sector. 
O patrón maior da Guarda, Rubén Adrover, expresou o rexeitamento da pesca artesanal coa enerxía eólica. “Eu quero seguir vendo as nosas vilas como son e non quero que ninguén veña a cambialas. Queremos seguir vivindo dos nosos recursos, como fixeron distintas xeracións de pescadores”, manifestou.

Comentarios