Martes. 23.04.2024
El tiempo

Corroboran a necesidade de máis veda de polbo coa captura de moito polbo ovado

Polbo ovado da ria de Muros
Polbo ovado recén pescado na ría de Muros
Corroboran a necesidade de máis veda de polbo coa captura de moito polbo ovado

Este venres 30 de abril, e ata o 5 de xullo, abre a veda do polbo. Unha veda polémica tras un ano nefasto en cantoa capturas, enredada no Parlamento Galego que mesmo chega a separar ao sector. Mentres nalgunha confraría do norte da comarca pedían que se atrasase 15 días polas mala temporada, polo sur, son moitos os profesionais que defenden unha veda máis prolongada, de polo menos de 3 meses, e máis adaptada ao ciclo do cefalópodo.

Dino porque estes días moitas das capturas que están realizando son de “matronas” ás que se lle corta o desove para vender. Como podemos comprobar neste vídeo gravado na ría de Muros, moitos dos polbos capturados están ovados, e a Normativa permite pescalos, pos só di que non se pode pescar polbos de menos de 1 kg nin cando están en veda, sen facer alusión ao proceso de ovulación.

Dende o sector sinalan que as sancións económicas non serven para nada de forma xeral, e que, se cadra, serí amáis efectivo unha suspensión temporal do permiso da nasa, como fan co carné de conducir cando vas con alcohol.

 

Artigos sobre o polbo

Outras novas

Comentarios