Luns. 29.04.2024
El tiempo

Piden a dimisión do teniente alcalde de Coristanco por un posible delito ambiental

Piden a dimisión do teniente alcalde de Coristanco por un posible delito ambiental
Cabalo morto en Carnota

Envía hoxe o BNG de Coristanco un duro comunicado no que pide a dimisión do tenente de alcalde do Concello de Coristanco, despois de confirmarse nunha denuncia do SEPRONA a máis posible comisión dunha falta de carácter grave ou moi grave en materia medioambiental.

Segundo o BNG, o informe do SEPRONA, de data 22 de abril, “sinálao como responsábel de faltas graves ou moi graves”. Un informe no que se aborda a xestión que o Concello de Coristanco fixo da retirada dos restos dunha egua abandonada morta no lugar da Varela, parroquia de Traba.

O informe do SEPRONA conclúe que “se han enterrado los restos de una yegua abandonada en el Concello de Coristanco sin autorización, no entregándolos a gestor autorizado, cometiendo una infracción grave o muy grave según se estipula en la Ley 08/2003, de sanidad animal”.

O informe indica que o día 16 de abril se detectou a presenza do cadáver do animal. Os restos deberían ter sido entregados a un xestor autorizado, pero segundo denuncia a Garda Civil no seu informe “por orden del Teniente de Alcalde del Concello de Coristanco, el animal fue retirado y enterrado, no realizándose informe sobre el suceso”.

O relato dos feitos “deixa en evidencia a nefasta actuación do goberno municipal do Concello de Coristanco”, segundo o BNG, pois “hasta que esta Patrulla hizo hincapié en la obligatoriedad de entrega de la yegua a gestor autorizado, GESUGA no había recibido petición por parte del Concello de Coristanco para su retirada”. En consecuencia, “non foi até 5 días despois, e a petición da patrulla do SEPRONA, que o Concello de Coristanco chamou a unha empresa autorizada para que fixese a oportuna retirada e tratamento dos restos do animal falecido”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Coristanco.

Comentarios