A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais
A situación do sector da hostalería e o turismo segue cronificándose. E polo menos, semella que estes tempos están servid para unir un sector historicamente espallado e separado. Así dá conta a recén formada “Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte”, que aglutina máis de 3500 familias da Costa da Morte, respaldadas por asociacións de Carballo, Cee, Muxía, Camariñas, Fisterra, Malpica, Mazaricos, Vimianzo, e máis hostaleiros que dependen dos seus negocios para vivir.
Ante a “forrte inquedanza do próximo Plan de Rescate, que emitirá a Xunta”, a Plataforma emite este comunicado.
Comunicado de prensa da Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte , referente a recén publicado borrador do plan de rescate da hostalaría por parte da Xunta de Galicia
A Plataforma de Turismo e Hostalaría da Costa da Morte xorde no corazón da Costa da Morte, nun grupo de hostaleiros moi preocupados polo que indicamos a continuación:
A plataforma pretende unificar todos os criterios e propostas dos autónomos e asociacións que a conforman, neste duro momento polo que estamos a vivir, queremos alzar a voz para protestar pola falta de axudas inmediatas, tanto pola Xunta a Deputación e polos Concellos.
Este plan, que se nos prometeú, sempre sería un Rescate do Sector, non unha Axuda, como o que no borrador do Plan se explica, vemos que tratase dun plan trampa, anunciaron 75millóns de € para rescate da Hostelería e o Turismo, e resulta que non é así, é simplemente unha axuda no que meteron a todos os autónomos de Galicia , tanto pode acceder un restaurante como unha carpintería metálica, meteron a todos neste plan cando tiña que ser específico da hostalaría.
Despoís do fracaso da Xuntanza, que intentou o Cluster de Turismo de Galicia, entre Xunta, Deputacións e Concellos para a creación dun pagador único (ventanilla única) do Plan de Rescate inmediato, voltamos a vernos deixados de lado, as aportacións do 1% dos presuposto das Deputacións xa non chegarán ó sector de forma inmediata ( falamos de Xuño), que é o que se precisa , inmediatez, cousa da que moitas familias dependen ahora mesmo.
Dende a plataforma, pedimos e incluso rogamos por ese Plan global, posto que se non nos deixan traballar, e no caso de deixarnos traballar que sexa con unas garantías mínimas e viables, se indemnice a todo o sector da hostalería, incluido os hospedaxes, e todos aqueles negocios que a pesar de non estar obrigados a pechar, a súa actividade veuse mermada e inviable sustituir por aquela clientela non foránea ó seu extrarradio, que actualmente é totalmente nula, debido os cerres prerimetrais .
Non descartamos nos vindeiros días, algún tipo de manifestación a nivel Costa da Morte.
PRECISAMOS UN PLAN DE RESCATE XA!!!!!
PRECISAMOS INGRESOS EFECTIVOS XA!!!!!
PRECISAMOS LIÑAS DE AXUDAS CON CANTIDADES REAIS E NON ÍNFIMAS!!!!