sábado. 14.12.2024
El tiempo

O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta

porto de brens
Foto aérea do porto de Brens
O “práctico” dos portos, un posible novo recorte da Xunta

Paralelo ao escandaloso recorte no ISM de Corcubión por parte do Ministerio, dende a CIG denuncian hoxe o perigo de perder un novo servizo.

Denuncian que a Xunta pretende a supresión do servizo de “práctico” nos portos da Costa da Morte ao reducir ao 50% os custes. A CIG advirte que a falta deste servizo imposibilitaría o tráfico marítimo nos portos da comarca.

E nos poñen en contexto. “O pasado mes de marzo a Xunta de Galiza publicaba o prego de condicións para a licitación do servizo portuario de practicaxe nos Portos de Cee (Brens), Corcubión e Laxe para a substitución por xubilación do "práctico" titular no vindeiro mes de agosto. Pero os novos custes e subvencións recollidos nos pregos contemplan un recorte do 50% do orzamento, pondo en risco de desaparición o servizo e, polo tanto, a entrada de tráfico marítimo nos portos da comarca”.

”Non deixa de chamar a atención que este recorte de cantidades se produza xusto cando a persoa que aspira a cubrir a praza é unha muller, polo que poderiamos estar, ademais, diante dun grave caso de discriminación por razón de sexo”.

Alertan que “o práctico (pilotaxe) é un servizo público prestado por particulares e suxeito a estritas medias reguladas polo ente público Portos de Galiza, ao que pertencen os portos autonómicos de Corcubión, Cee, Corme, Laxe e Sada, asignados todos ao mesmo práctico”.

Novas relacionadas

Comentarios