O BNG denuncia un novo recorte nos servizos do ISM
Malia as continuas protestas do sector do mar e dos partidos da oposición, a realidade é que os servizos do ISM de Corcubión seguen decaendo. O último, como denuncia o BNG, é a non cobertura da saída da técnica sanitaria que realizaba as análises que precisan os mariñeiros e armadores. Outro “indicador do desmantelamento dos centros do ISM da Costa da Morte”, denuncia.
Lembran xa os reiterados recortes dun servizo fundamental para máis de 1.400 profesionais do mar da bisbarra. Así, a finais de 2020 deixouse vacante a praza de médico en Corcubión que impedía facer as revisións e esta praza só se cubriu pola presión e a mobilización social. A isto engádeselle o recorte de moitos servizos presenciais, que a día de hoxe, continúan sen prestarse e derívanse os trámites e xestións ás plataformas dixitais.
Hai apenas uns días que recordaban a falta de accións formativas (para renovar o curso cada 5 anos teñen que acodir a Coruña ou Noia, o que contrae un gasto en transporte e a perda de días de mar).
Agora o BNG denuncia que o ISM corcubionés deixa de ter a técnica sanitaria, facendo que os mariñeiros e armadores se teñan que desprazar a Muros ou a Coruña para realizar esas análises para logo rematar a certificación médica de novo en Corcubión.
Por iso, o BNG a través do deputado no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas na cámara baixa nas que reclama ao Instituto Social da Mariña (ISM) garantir o acceso á formación sanitaria nos centros da Costa da Morte. Reclama prazas públicas suficientes para todos os armadores e mariñeiros para que poidan obter a titulación necesaria de maneira gratuíta, sen ter que desprazarse fóra da comarca permitindo así compatibilizar a formación co traballo. Ademais, exixe o mantemento e a mellora da atención presencial integral nas oficinas.
Así memso, denuncian a “inactitude do PSOE e do PP, tanto no Parlamento como nos concellos que presiden, para reclamar ao ISM que deixe de desmantelar os servizos que ten o ISM na comarca e que son necesarios para desenvolver o traballo ás nosas xentes do mar”.
NOVAS SOBRE O ISM
- Marzo 22: Reclaman a formación gratuíta nos centros do ISM da Costa.
- Febreiro 22: Varias Confrarías únense á denuncia contra o desmantelamento silencioso do ISM.
- 28-09-21: Alertan do peche inminente do ISM de Corcubión.
- Maio 21: O Tribunal de Cuentas emite un informe demoledor sobre modelo privatizador dos ISM.
- Febreiro 21: Unanimidade no Parlamento Galego para que o Estado manteña os ISM de Corcubión e Muros.
- Outubro 2020: 150 profesionais do mar concentráronse pola recuperaión do servizo médico no ISM de Corcubión.
- 09-10-2020: O colapso dos ISM fai peligrar a validez do recoñecemento médico obrigatorio dos mariñeiros/as.
- 28-09-2020: Critican a falta de contudencia dos alcaldes/as socialistas da comarca ante o posible peche do ISM.
- 25-09-2020: A Subdelegada do Goberno recoñece que non se pode cubrir a praza de médico do ISM pero afirma que non se vai pechar.
- 24-09-2020: A directora do ISM non cobre a praza do médico, deixa aberta a porta ao peche e mesmo fala de privatizar o servizo.
- 14-09-2020: ISM e xubilación: O BNG escoita as demandas do sector do mar en Corcubión.
- 09-09-2020: “As respostas que nos dan ante a falta de servizo do ISM son un vacile”.
- 09-09-2020: Novas queixas ante a reiterada baixa do médico e o posible peche do ISM de Corcubión.
- 08-09-2020: Alertan da posible perda do servizo do ISM de Corcubión.
- Agosto 2020: Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio.