Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preto de 7.500 alumnos de Infantil e Primaria empezan o curso coa novidade do transporte escolar compartido

Preto de 7.500 alumnos de Infantil e Primaria empezan o curso coa novidade do transporte escolar compartido
As rutas incluídas nesta modalidade identificaranse a través dun distintivo de ‘Bus compartido’ que deberán portar os vehículos nun lugar visible As rutas incluídas nesta modalidade identificaranse a través dun distintivo de ‘Bus compartido’ que deberán portar os vehículos nun lugar visible - ”Eu vou ao cole. E ti?”, pregunta o neno con curiosidade. - “Eu ao dentista”, respóndelle a veciña maior que colle o bus en Olveiroa para ir ata Cee. Escenas coma estas viviranse ao longo de luns 11 de setembro, no que arrincou un novo curso para máis de 7.500 alumnos de Ed. Infantil e Primaria en todos os Concellos da Costa da Morte. E a gran novidade será que pequenos e veciños poderán compartir os mesmos autobuses. Unha medida, a do Transporte Escolar Compartido que permitirá rendibilizar e facer un pouco máis accesibe o denostado servizo de transporte colectivo en todo o país. Fai a Xunta neste 2017 unha aposta semellante á que iniciaba o Bipartito en 2007, pero que foi desbotada polo goberno do PP. Agora, baixo a premisa de que “non queremos nin autobuses sin xente nin xentes sen autobuses”, lévase a cabo esta remodelación. Entre outras cousas, o Plan inclúe que sempre haia unha parada de bus a menos de 500m da casa de cada alumnos, que sexa de balde para os escolares (cun prezo de 1,40€ para os viaxeiros), que todos conten cun monitor e coa colaboración da Garda Civil para que se cumpran todos os requisitos. A Xunta que as empresas titulares das liñas deberán publicitar os horarios dos servizos para que a poboación coñeza as novas posibilidades de mobilidade. Pero despois de pasar arredor dun mes sen os horarios oficiais dos servizos non compartidos por parte de Arriva, parece que a esixencia irá con calma.

Número de alumnos matriculados por Concello na Costa da Morte

Concello Titularidade Concerto Alumnos de Educación Especial Alumnos de Educación infantil Alumnos de Ed. Primaria
Cabana Público - 0 56 119
Carballo Privado Concertado 0 71 150
Carballo Público - 0 710 1477
Coristanco Público - 0 133 354
Laxe Público - 0 42 133
Malpica Público - 0 62 175
Ponteceso Público - 0 107 200
Cee Privado Concertado 0 71 179
Cee Público - 0 104 322
Corcubión Público - 0 31 62
Dumbría Público - 0 24 54
Fisterra Privado Concertado 0 30 73
Fisterra Público - 0 40 111
Muxía Público - 3 73 159
Carnota Público - 1 45 118
Muros Público - 0 152 319
Camariñas Público - 0 102 256
Vimianzo Público - 0 119 202
Zas Público - 0 76 175
Mazaricos Público - 0 64 129
Santa Comba Privado Concertado 0 21 60
Santa Comba Público - 1 163 330
TOTAIS = 7458 5 2296 5157
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios