Prevención da corrupción
06:43 30/01/17
Transparencia Internacional é unha Organización Non Gobernamental (ONG) que lidera a loita contra a corrupción. Desde 1995, publica un índice que mide a percepción da corrupción no sector público e, recentemente (25 de xaneiro de 2017), deu a coñecer os resultados de 2016. España, como era fácil prognosticar, non sae ben parada acadando o peor resultado histórico, ao situarse no posto 41 dos 176 países examinados (baixando cinco postos respecto a 2015).
Como se indica neste informe: “as constantes irregularidades na contratación pública, a lentitude das sanciones penais, a baixa intensidade das penas en casos de corrupción relevante, a expansión dos escándalos ás institucións clave do Estado, a opacidade e parcialidade na toma de decisións que afectan a os grupos de interese máis poderosos (banca, enerxía, telecomunicacións, etc.) e a percepción de politización no funcionamento da xustiza” explican ben a tendencia negativa que se observa.
Certamente, carecemos dun indicador que estime a percepción sobre a corrupción dos nosos concellos, polo que non podemos opinar con rigor técnico sobre esta cuestión. Sen embargo, desde fai uns anos estase revisando criticamente o funcionamento das institucións de control (interno e externo) municipal, para reforzar as súas funcións e combater a corrupción.
Neste sentido, unha das medidas urxentes propostas por esta ONG, respecto do control interno, que coincide co sentir dunha ampla corrente de opinión, consiste en eliminar o sistema de libre designación a través do que os Secretarios, Interventores e Tesoureiros son elixidos polos alcaldes.
No que atinxe ao control externo, Transparencia Internacional non formula propostas específicas. Pero Galicia, nesto, é pioneira. O Consello de Contas é o primeiro órgano de control externo que dispón de competencias específicas en materia de prevención da corrupción. E no programa de actuacións para 2017, ten previsto que se efectúe unha avaliación do deseño e implantación dos sistemas de control e de xestión de riscos nas entidades locais do tramo de poboación comprendido entre os 10.001 e 20.000 habitantes. En consecuencia, para o desenvolvemento do traballo, elaboraranse e remitiranse ás entidades afectadas uns cuestionarios para indagar sobre: a) o respaldo e compromiso coa integridade, valores éticos e normas de conduta da entidade; b) o funcionamento e supervisión do control interno existente; e c) a estrutura organizativa e asignación de responsabilidades.
Pero, non podemos pecar de inxenuidade si esperamos que se obteñan resultados eficientes no curto prazo. Si ben, o feito de que xa se comece a avaliar o risco de corrupción, a reforzar os mecanismo de control e facer máis transparente o proceso de toma de decisións, garantindo unha supervisión por institucións que contan con regulación, procedementos, recursos e medios persoais suficientemente preparados para este cometido, permite que sexamos optimistas nesta materia, cara o futuro.
Imaxe obtida da web Transparencia Internacional
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- Catro concellos non renden contas.
- Investimentos financeiramente sostibles.
- Economía municipal: Nós cumprimos!.
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).