As promesas do #12X (V): Galicia en Común - Anova Mareas apenas escoita a comarca

Apenas contabilizamos unha visita á comarca da candidatura de Galicia en Común - Anova - Mareas (@_gecam). Un grupo no que non aparece ningunha persoa da comarca na lista da circunscrición electoral da Coruña.
No marco da campaña #Galizaontheroad, só se achegaron un día pola Costa da Morte. Estiveron Martiño Noriega, Inés Cebreiro e o propio Antón Sánchez en Fisterra, Corcubión, Cee e Carballo denunciando o “desamparo” de Feijoo a tantas zonas comoo a nosa.
Prometer non prometeron nada, pero aseguran ter practicado a “escoita activa”, tratando temas tan importantes como o futuro da pesca artesanal, a situación das fábricas de Ferroatlántica, ou a restauración ambiental do Monte Neme.
Este foi o resumo de Martiño Noriega daquela xornada a comezos de campaña:
Onte @iCebreiroLopez percorreu Carballo, Fisterra, Corcubión e Cee con @martinhonoriega e @AntonSanchezG. Deixámosvos este resumo da que foi a xornada de campaña do @gecam_ #ÉOMomento! pic.twitter.com/OsfWrSFhCy
— Marea Atlántica (@mareatlantica) June 27, 2020
As promesas 2020
- As promesas do #12X (IV): O PSOE pon o foco no esquecemento da Xunta á Costa da Morte
- As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións.
- As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte.
- 06-07-2020: As promesas electorais (I): Xustiza democrática.
Outras novas da campaña
- 19-06-2020: O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos.
- 17-06-2020: O PP abríu a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha.
- 15-06-2020: Gonzalo Caballero abre a campaña costeira do #12X.