Domingo. 19.05.2019
El tiempo

EÓLICOS

"Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas"

"Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas"

Este pasado martes 19 de febreiro, volvía a Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural realizar unha xuntanza veciñal. Facíao no Edificio de Servizos Múltiples do concello de Coristanco e na que estiveron presentes o avogado Ramón Barreiro e tamén Xavier Simón, do Observatorio Eólico de Galicia. Un cento de veciñas e veciños de Carballo, Coristanco e Santa Comba afectadas polos proxectos eólicos, quixeron escoitar de man de especialistas as consecuencias que poden ter estes parques para a zona.

Durante a reunión os profesionais deixaron patente que as leis autonómicas “están feitas para a expansión deste tipo de explotacións por todo o territorio, dándolle prioridade aos intereses de empresas privadas fronte aos da veciñanza, que se ve indefensa, con prazos de alegación moi limitados e sen información sobre as modificacións dos proxectos”.

Concretamente para o caso bergantiñán, tanto Barreiro coma Simón, lamentan a afectación a espazos protexidos como é o entorno da Lagoa de Alcaián, na Braña Rubia, onde a empresa ten previstos varios aeroxeradores.

Xavier Simón tamén realizou un cálculo aproximado do que pode ingresar a empresa, que rondaría uns 30 millóns de euros cada ano, “mentres que os propietarios dos terreos onde se instalarían os muíños só recibirían aproximadamente un 1% deses ingresos”.

Ramón Barreiro e Xavier Simon en Coristanco

Ramón Barreiro e Xavier Simón

Pensións

Na xuntanza volveu xurdir a preocupación por se as pensións se poderían ver afectadas polas rendas producidas polos terreos afectados. O avogado Ramón Barreiro confirmou que é moi posible que poidan afectarlles, Segundo afirmou, depende de cada caso pero, no caso das pensións non contributivas é moi fácil que por uns 300 ou 400 euros ao ano se poida perder a pensión, xa que para facer o seu cálculo se contan os ingresos de toda a unidade familiar e, se se está preto do límite, é fácil superalos cunha cantidade non demasiado elevada.

Novas do proxecto eólico de Bustelo, Campelo e Monte Toural

Máis novas de Eólicos

Comentarios