Venres. 27.11.2020
El tiempo

O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros

O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros

Segundo a iniciativa que vén de presentar o parlamentario socialista Martín Seco, para o PSdeG a gran culpable de que o Camiño dos Faros aínda non sexa unha Ruta Homologada de Gran Recorrido GR é a Xunta. Seguramente os [email protected] da Asociación Camiño dos Faros, tras anos de batalla tamén porían parte da responsabilidade no grupo socialista, pois a pesar de ratificar o seu apoio dende a Deputación da Coruña en numerosas ocasións non acabou de servir de palanca, provocando que a entidade desistise de loitar pola devandita homologación.

En todo caso, unha Mesa de traballo entre Xunta, concellos e a Asociación de Turismo da Costa da Morte –CMAT-, como pide Seco, seguro que podería servir para desbloquear o asunto. Pero polo de pronto a Xunta non ten respondido ao estudo de impacto ambiental que a Asociación presentou hai 17 meses.

Seco lembra que a Homologación facilitará á xestión da ruta, desenvolvendo protocolos de limpeza, sinalización, seguridade ou control medioambiental. “Debe existir un único sendeiro ben sinalizado para protexer o entorno e poñer en valor a Rede Natura”, sinala.

Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros

comentarios