O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros

Segundo a iniciativa que vén de presentar o parlamentario socialista Martín Seco, para o PSdeG a gran culpable de que o Camiño dos Faros aínda non sexa unha Ruta Homologada de Gran Recorrido GR é a Xunta. Seguramente os trasn@s da Asociación Camiño dos Faros, tras anos de batalla tamén porían parte da responsabilidade no grupo socialista, pois a pesar de ratificar o seu apoio dende a Deputación da Coruña en numerosas ocasións non acabou de servir de palanca, provocando que a entidade desistise de loitar pola devandita homologación.
En todo caso, unha Mesa de traballo entre Xunta, concellos e a Asociación de Turismo da Costa da Morte –CMAT-, como pide Seco, seguro que podería servir para desbloquear o asunto. Pero polo de pronto a Xunta non ten respondido ao estudo de impacto ambiental que a Asociación presentou hai 17 meses.
Seco lembra que a Homologación facilitará á xestión da ruta, desenvolvendo protocolos de limpeza, sinalización, seguridade ou control medioambiental. “Debe existir un único sendeiro ben sinalizado para protexer o entorno e poñer en valor a Rede Natura”, sinala.
Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros
- Outubro 2020: Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Outubro 2020: A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR.
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xullo 2020: Os trasn@s percorren a bisbarra.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte