Venres. 19.04.2024
El tiempo

Caballero pide a liberación da peaxe da AG-55

Gonzalo Caballero Carballo
Caballero pide a liberación da peaxe da AG-55

Facía tempo que a abusiva peaxe da AG-55 non protagonizaba o debate público. Quíxoa traer de novo ao centro da diana o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, coa súa visita onte pola comarca, reclamar a rebaixa da peaxe. É máis, o líder dos socialistas galegos esixe á Xunta que se comprometa na liberalización de peaxes nas autoestradas autonómicas AG-55 á Costa da Morte e AG-57 do Val Miñor como “corresponsabilidade” coa rebaixa “histórica” da AP-9 que fai o Estado.

Caballero, despois de manter unha reunión cos representantes políticos do PSdeG de Bergantiños e Costa da Morte, anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para darlle á Xunta un prazo de 6 meses para presentar un estudo sobre a liberalización das peaxes autonómicas e abordar unhas rebaixas que cheguen a todos os cidadáns.

Explicou que a AG-55 ten “peaxes excesivas”, mentres o goberno galego conta con “fondos e competencias para rebaixar unhas peaxes que son un agravio e un gravame que dificulta o transporte da cidadanía pola cornisa noroeste da nosa Comunidade Autónoma”.

Novas relacionadas

Comentarios