Venres. 29.03.2024
El tiempo

A peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo volveu, con poucos cambios, ao Parlamento

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
Peaxe da Autoestrada A Coruña-Carballo
A peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo volveu, con poucos cambios, ao Parlamento

Este mércores, o Parlamento galego retratará a posición de cada partido en materia de peaxes. Por un lado o Grupo popular leva a proposta de rebaixar un 50% por cento o custe da peaxe a todos os vehículos que circulen en horario nocturno (de 0:00h a 6:00h) pola AG-55 entre A Coruña e Carballo. Un anuncio xa realizado o pasado mes de novembro, para unha medida que se sumaría á establecida pola Xunta en 2010, que consisten na rebaixa do 25 por cento nas viaxes de volta no día pagados co OBE.

Unha rebaixa que non é máis que unha tomadura de pelo para os usuarios que a sofren diariamente. O BNG xa manifestara a súa rotunda disconformidade con esta medida que apenas benficiará a un 5% dos que circulen. UN BNG que, como a Dputación, leva anos esixindo a supresión completa da peaxe.

Proposición do PSdG, rexeitada polo PP

Tamén pide o PSdG á Xunta que libere de peaxes a autoestrada costeira, ademais de pedir a supresión da suba das peaxes na AP-9. O grupo socialista levou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento, que se votará este mércores.

O responsable socialista solicitoulle ao goberno central que estableza un desconto do 25 por cento nas viaxes de ida e volta que se realicen no mesmo día para tódolos usuarios en días laborais e festivos, e pediulle unha bonificación idéntica ao goberno galego con relación ás autoestradas de titularidade autonómica Puxeiros – Val Miñor (AG-57) e A Coruña – Carballo (AG-55).

Ademais, os socialistas reclamáronlle ao goberno galego que estude a liberalización destas peaxes, que supoñen uns ingresos de entre 14 e 20 millóns de euros ao ano para a concesionaria, unha contía, dixo, “inferior ao gasto anual en propaganda e publicidade por parte do goberno galego”, para subliñar a existencia de partidas nas que “se pode recortar”.

Novas relacionadas

Comentarios