Caballero pide a liberación da peaxe da AG-55
Facía tempo que a abusiva peaxe da AG-55 non protagonizaba o debate público. Quíxoa traer de novo ao centro da diana o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, coa súa visita onte pola comarca, reclamar a rebaixa da peaxe. É máis, o líder dos socialistas galegos esixe á Xunta que se comprometa na liberalización de peaxes nas autoestradas autonómicas AG-55 á Costa da Morte e AG-57 do Val Miñor como “corresponsabilidade” coa rebaixa “histórica” da AP-9 que fai o Estado.
Caballero, despois de manter unha reunión cos representantes políticos do PSdeG de Bergantiños e Costa da Morte, anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para darlle á Xunta un prazo de 6 meses para presentar un estudo sobre a liberalización das peaxes autonómicas e abordar unhas rebaixas que cheguen a todos os cidadáns.
Explicou que a AG-55 ten “peaxes excesivas”, mentres o goberno galego conta con “fondos e competencias para rebaixar unhas peaxes que son un agravio e un gravame que dificulta o transporte da cidadanía pola cornisa noroeste da nosa Comunidade Autónoma”.
Novas relacionadas
- Febreiro 2019: A peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo volveu, con poucos cambios, ao Parlamento.
- Novembro 18: A nocturnidade e alevosía da baixada da peaxe da AG-55.
- Xullo 2016: Ata o alcalde popular de Arteixo pide a supresión da peaxe da AG-55.
- Xuño 2016: A Deputación esixe a supresión da peaxe da AG-55.
- O Parlamento non eliminou a peaxe AG-55.