Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PSOE presentou unha batería de enmendas aos Orzamentos da Xunta na bisbarra

MARTÍN SECO
O PSOE presentou unha batería de enmendas aos Orzamentos da Xunta na bisbarra

O parlamentario socialista Martín Seco presentaba o pasado venres a batería de enmendas que os Orzamentos da Xunta presentou en relación á Costa da Morte. Lamentou que sexan “unha nova puñalada do goberno de Feijóo a un territorio que necesita impulsar as súas potencialidades e pasan ano tras ano inadvertidas polo PP”.

Criticou que “a Xunta obriga aos concellos a asumir cada ano máis competencias que deberan de ser propias da administración autonómica, en servizos sociais, educación e sanidade, unhas competencias que minoran a capacidade dos concellos para poder axudar a veciñanza, e vense multiplicadas pola falla de inversión dos orzamentos”.

En materia de infraestruturas, denunciou “a demora constante dun forte investimento na Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte coas dúas variantes, que a este ritmo será unha realidade o século que vén. Tamén lamentou “a falla de actuación contra a inxusta peaxe da AG-55, que lastra as posibilidades dunha comarca que debera de poder exercer as súas potencialidades”.

Lembrouse da falta de concreción de servizos tan básicos como “a implantación de centros de día, como a existente infraestrutura municipal de Corcubión e nos centros educativos abandonados dende Laracha ata Carnota”.

Baterías de enmendas do PSOE

    •    Saneamento do núcleo de Xaviña – Camariñas
    •    Remodelación da fachada marítima de Camariñas – Camariñas
    •    Saneamento na Parroquia de Lariño – Camariñas
    •    Auditorio Municipal de Carnota - Carnota 
    •    Asumir por parte da Xunta o arranxo mantemento da estrada O Viso-As Paxareiras.- Carnota
    •    Arranxo da carretera Paxareira-Arcos – Carnota
    •    Pasarela voladiza entre O Pindo e O Ézaro – Carnota
    •    Mellorar a mobilidade peonil da C550 ao seu paso polo Pindo – Carnota
    •    Colocación de pantaláns flotantes e fondeos de baixo impacto. - Carnota
    •    Variante dende o polígono empresarial ata o porto de Brens – Cee
    •    Arranxo da travesía da Avenida Fisterra con beirarúas (estrada AC-552 ao seu paso por Cee) – Cee
    •    Prolongación da autovía AG-55 ata Cee A Coruña – Cee
    •    Saneamento aldeas do Concello – Corcubión
    •    Beirarrúas en núcleo de Amarela C445 -  Corcubión
    •    Humanización Praza Castelao 350.000 -  CorcubiónPosta en marcha do centro de día de Corcubión – Corcubión
    •    Porto deportivo ría de Corcubión  - Corcubión
    •    Saneamento núcleos rurais do concello – Vimianzo
    •    Ampliación da vivenda comunitaria municipal para a conversión nun fogar residencial – Vimianzo
    •    Reforma integral do colexio San Vicenzo – Vimianzo
    •    Implantar máis ciclos formativos no IES Terra de Soneira “corte e confección” -Vimianzo
    •    Enlace dende o corredor Santa Iresa-Calo ao polígono – Vimianzo
    •    Execución dunha rolda na estrada de Vimianzo (AC552) – Vimianzo
    •    Modificación da lei de servizos sociais para a inclusión, tan necesaria e fundamental, Da figura dos profesionais de psicoloxía sociocomunitaria para levar a cabo os programas de prevención previstos na atención primaria, programas de intervención socio familiar, programas de inserción de colectivos máis desfavorecidos, así como de atención psicolóxica inmediata e próxima á vítimas de malos tratos e ás súas familias, atención e seguimento de persoas con trastornos mentais tendo en conta que este tipo de atención non se solapa coa propia da psicoloxía clínica cando ademais esta última está ubicada na unidade de atención mental do hospital virxe da xunqueira, que presta atención a máis de 10 concellos, polo que a atención e seguimentos tardan ata tres e seis meses en ser realizado – Vimianzo
    •    Inclusión do servizo da escola infantil municipal na rede de galescolas do Consorcio, xa que o custo que supón este servizo para o concello é inmenso. - Vimianzo
    •    Maior axilidade na resolución das axudas de emerxencia social, xa que a pesar de seren axudas para atender e situacións urxentes estase a tardar entre 6 e 8 meses. - Vimianzo
    •    Construción dun polideportivo – Vimianzo
    •    Rede separativa Federico Avila – Fisterra
    •    EDAR Sardiñeiro – Fisterra
    •    Contradique aboiante norte – Fisterra
    •    Reparación vial porto -  Fisterra
    •    Proxecto do Centro de Interpretación Faro de Fisterra - Fisterra

Novas relacionadas

Comentarios