Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PSOE reitera o “abandono sistemático do goberno de Feijoo á Costa da Morte”

Martín Seco parlamentario socialista
Martín Seco, parlamentario socialista
O PSOE reitera o “abandono sistemático do goberno de Feijoo á Costa da Morte”

A semana pasada Alberto Núñez Feijoo presentaba os Orzamentos para 2021. Uns orzamentos nos que a presencia costeira faise escasa, como adoita ser unha dura realidade. Dos 11.500 millóns de euros cos que conta a administración (a cifra máis alta da súa historia), nin o 1% está destinado á nosa comarca, a pesar da débeda histórica que a Xunta ten cunha comarca illada e esquecida como a nosa.

Así o denunciaba o BNG e así o fai o PSdG, que lamenta que “as necesidades imperiosas en infraestruturas, servizos sociais, sanidade e educación da Costa da Morte non veñen contempladas no orzamento para o 2021”.

O parlamentario socialista Martín Seco critica que se presenten “uns investimentos menores para tratar de ocultar o abandono sistemático do PP aos cidadáns deste territorio”. Seco fala por exemplo dos 6 millóns incluídos na partida do Corredor da Costa da Morte, esa vía que sofre “unha demora constante”, e que “a este ritmo será unha realidade o século que vén”,.

O PSOE lembra “a falla de actuación contra a inxusta peaxe da AG-55”; as necesarias melloras no “Hospital Virxe da Xunqueira, que segue sen o servizo de cardioloxía e abandonado ata no seu aspecto exterior”; ou “a implantación de centros de día e nos centros educativos abandonados dende Ponteceso ata Carnota”.

Saca ademais un asunto importante, como é a “asunción municipal de competencias que deberan de ser propias da administracións autonómicas, en servizos sociais, educación e sanidade e que minoran a capacidade dos concellos para poder axudar a veciñanza, vense multiplicadas pola falla de inversión dos orzamentos”.

Novas relacionadas

Comentarios