mércores. 30.04.2025
El tiempo

QPC acende o MOTOR en Noia

QPC acende o MOTOR en Noia

Xa está aquí, xa se sinte, un ano máis... Chega a cita da costa co mundo do Ralli Galego, a vixesimoséptima edición do Rally de Noia, segunda proba puntuable para o campionato galego de asfalto. Estes venres 8, sábado 9 e domingo 10 de abril as pistas dos montes da zona da Barbanza, e ata dunha zona cercana a Mazaricos, vivirán momentos de verdadeira vertixe. E 5 coches da Costa da Morte farán ruxir os seus motores.

E con esta imprescindible cita comezamos o repaso de QPC ao mundo do motor. Xa temos un completo equipo de colaboradores coordinado polo compañeiro Mario Rodríguez, co que estaremos presentes neste ralli así como detrás de calquera nova do mundo do motor costeiro.

De feito, para a semana faremos público un novo espacio na rede exclusivo para o MOTOR.

Ralli noiés

Para quen non coñeza este ralli, está divido en 4 etapas: A-Tambre  B-Portobravo  C-San Lourenzo  D-San Finx, de apróximadamente 11 km e medio de percorrido. Os horarios de saída serán os seguintes: A-TAMBRE [ 1ª PASADA - 8:29  <> 2ª PASADA - 11:16] B – PORTOBRAVO [1ª PASADA - 09:07 <> 2ª PASADA - 11:44] C – SAN LOURENZO [1ª PASADA - 16:00 <> 2ª PASADA - 18:33] D – SAN FINX [1ª PASADA - 17:03<> 2ª PASADA - 19:36]

Equipos da Costa da Morte presentes en Noia

E como non, a Costa da Morte estará presente nesta edición, con 5 equipos ben competitivos. Entre eles, os tres equipos das fotos están faltos de presuposto, polo que se alguén quer colaborar a modo de patrocinio de estas novas promesas da Costa poden poñerse en contacto con nós. Estes son os equipos
  • Heriberto Atán e Daniel Dominguez (81), do equipo Brens Racing, que estrenan vehículo, un Peugeot 106 GTI V16, os cales competirán na copa Kumnho e cuio obxectivo principal e facer km e tantear como se comporta o novo coche.
  • Ricardo Vidal e Francisco García (56), o irmán do campión vimiancés Amador Vidal volve ó Rally de Noia no que tamén disputarán a copa Kumnho, da que teñen bastantes papeletas para alzarse coa vitoria.
  • Aitor Caamaño e Josinho Castro Carballo (86), sairán cun BMW 325i de tracción ás catro rodas, polo que no caso de que chova poden ter unha gran baza ó seu favor.
  • Jose Antonio Pais e Pedro Carballo (119), sairá con un BMW 320 e30, un coche de traccion traseira pero con un gran motor que en seco e nos tramos anchos pode dar que falar.
  • Javier Ramos Grille e Álvaro Corzón (27), correrán con un Renault 5 GT Turbo, aínda que en breve esperase que estrenen un Ford Sierra RS Cosworth, co que estos pilotos mazaricáns esperan dar un salto cualitativo de cara o obxectivo de gañar o campionato Galego.

Máis información

Seguiremos de cerca os pilotos da costa, polo tanto esta fin de semana non te despegues de QPC Motor. Comeza o Rally!

Fonte

  • Redacción de Motor de QPC (motor@quepasanacosta.gal).
  • Coordina Mario Rodríguez Gómez e colabora Manuel Casais.

Comentarios