Xoves. 28.03.2024
El tiempo

QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia

QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia
Top 100 do Codigo Cero

Non soemos facer moito caso a estes tipos de clasificacións. Pero sempre hai que ter unha mirada positiva, e verse, por primeira vez, entre as 100 páxinas webs máis vistas do país é unha boa nova. Así o comprobamos gracias ao Top 100 de Código Cero, a revista tecnolóxica de máis prestixio en Galicia que fai esta listaxe cos datos de Alexa.

No ranking, vemos como QPC se mestura con diarios a nivel galego, portais de xogos, de streaming, webs de moda, de deporte, de turismo, ou de empresas xigantes do noso país. Aí estamos, no posto 93, como primeiro portal comarcal de toda Galicia.

E porque non facemos unha clasificación das webs en galego máis lidas, porque de seguro que entraríamos entre as 25 primeiras do país.

De noraboa cando estamos a piques de cumplir o noso 6º ano de existencia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios