Mércores. 19.01.2022
El tiempo

#QPCtv expande os marcos da Costa e invade Negreira

  • Dende Negreira pedíronnos levar as cámaras ao campo municipal Jesús García Calvo para retransmitir o Negreira - Soneira
  • Xa podedes rexistrarvos en www.qpctv.gal.
QPCtv co Soneira-Negreira
#QPCtv expande os marcos da Costa e invade Negreira

A incidencia do proxecto QPCtv mídese de moitas maneiras. Vendo, por exemplo, como o partido da pasada fin de semana veuse dende lugares tan dispares como Mallorca, un barco do Mar do Norte, Suecia ou o mesmo Bar Sahorta, a 1km do campo o se disputaba o derbi muradán.

Pero tamén podemos medilo polas reaccións que hai na contorna. E unha chega dende Negreira, onde nos pediron que levemos as nosas cámaras ata o campo municipal Jesús García Calvo.

Así, co apoio do Concello nicrariense imos mover os marcos da Costa da Morte e achegarnos este domingo 5 de decembro para retransmitir en directo dende www.qpctv.gal o partido entre o cadro local e o Soneira SD.

Un partido só para suscritores, polo que xa podedes ir rexistrándovos por 4 euros ao mes en www.qpctv.gal.

Para ver a calidade das retransmisións podedes ver o o resumo dun Cerqueda-Malpica ou o Mazaricos-Baio.

SUSCRÍBETE EN WWW.QPCTV.GAL

 

comentarios