Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Queres participar na creación do Catálogo da Paisaxe Galega?

Queres participar na creación do Catálogo da Paisaxe Galega?
Creando o Catalogo da Paisaxe Galega Creando o Catálogo da Paisaxe Galega no taller carballés

Interesante a proposta da Xunta a través do Instituto de Estudos do Territorio e a USC para que sexa a veciñanza de Galicia o creador do Catálogo da Paisaxe. Abrir o proceso a toda a veciñanza abre o abano e permite que os técnicos teñan moitas máis fontes de información achegadas á realidade. Precisamente con esa intención, a de implicar á veciñanza de cada zona, artellouse en Carballo un dos 12 talleres participativos, un por cada zona.

Fomos invitados a participar para intentar dar unha visión paisaxística da nosa zona, chamada “Chaira e Fosas Occidentais”. Estiveron nomes importantes da bisbarra, como David Allo, Javier Couto, Xan Fernández Carrera, Manuel Pose Carracedo, Andrade… Todos aportaron un bo nñumero Lugares de interese, dos Valores (ecolóxicos e naturais; paisaxísticos e panorámicos; produtivos; culturais e patrimoniais), e mais as Áreas degradadas e recuperables a través da web.

E de feito, estes datos serán estudiados polo equipo técnico así como todos os realizados polos internautas que poden entrar cando queiran a participar neste Catálogo. Precisamente este Catálogo debería estar xa feito, despois da aprobación dunha Lei europea en 2007, para que sirva de ferramenta na ordenación do territorio.

Como participar

Tanto os que acodiron aos talleres como calquera veciño da Costa da Morte pode participar na creación do catálogo metendo datos na plataforma sixot.es/CatalogosPaisaxe. É moi sinxelo pero só temos setembro e outubro para participar.
Aquí hai un vídeo que explica como participar no Catálogo da Paisaxe a través da rede:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios