Venres. 29.03.2024
El tiempo

Queres traballar en QPC?

Arela e QPC
Queres traballar en QPC?

A familia de QPC, despois de 12 anos na rede, segue medrando. Este comezo de curso, QPC, xunto coa marca Arela Comunicación Sostible, queremos incorporar ao noso equipo unha persoa en prácticas a través dunha bolsa FEUGA ou FUAC, as fundacións da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña.

Se che gusta o márketing e a comunicación, desfrutas creando contidos, xestionando comunidades online e vives na Costa da Morte (ou queres mudarte aquí), estamos desexando coñecerte!

Estes son os principais requisitos para os/as candidatos/as:

  • O máis importante é sabes escribir ben –> que che guste a creación de contidos.
  • Interese pola información, a comunicación e a sociedade que nos rodea.
  • Usuaria/o das novas tecnoloxías e activa/o en redes sociais. (Se tes un blog, xestionas algunha páxina de Facebook, Linkedin, Instagram ou Twitter, indícao no teu CV).
  • Con inquietudes por investigar e aprender cousas novas.
  • Somos un equipo pequeno, polo que debes ser capaz de participar en diferentes proxectos ao mesmo tempo.
  • Activa/o, inquieto/a e curiosa/o, con iniciativa propia e ganas de compartir ideas/solucións co equipo.

Ademais, para poder optar á bolsa de FEUGA ou FUAC, é necesario:

  • Ter unha licenciatura universitaria obtida nalgunha das universidades galegas.
  • Ser menor de 31 anos.
  • Sen experiencia laboral previa.

A bolsa ofertada a través de FEUGA é cunha duración de 6 meses a xornada completa. O posto de traballo estará na nosa oficina de Cee de luns a venres, aínda que temos flexibilidade para traballar en remoto algúns días ao mes. A incorporación será no mes de setembro.

Se esta oferta encaixa co teu perfil e che apetece traballar en Arela, envíanos o teu CV a [email protected] e cóntanos por qué queres traballar con nós. E cubre, antes de que finalice esta semana, o www.fundacion.udc.es e en www.becasfeuga.es/ofertas.

Novas relacionadas

Comentarios