Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Reclaman a eliminacioón dos símbolos franquistas que quedan en Coristanco

Reclaman a eliminacioón dos símbolos franquistas que quedan en Coristanco
Placa franquista na Igrexa de Seavia-Coristanco

Seguen sendo unha realidade os símbolos franquistas polas nosas rúas. Hoxe é o BNG de Coristanco o que pide a erradicación dos últimos vestixios do réxime no termo bergantiñán.

Sinalan a igrexa de Seavia, unha das máis importantes do concello, como un dos peores exemplos, pois mantén aínda unha placa na súa fachada en homenaxe “aos caídos por Dios y por España”, unha rememoración ás persoas caídas na guerra civil, pero só do lado sublevado.
Rercordan ademais dende o BNG o “triste espectáculo” que se vivíu hai pouco nunha misa, cando “dende o púlpito se animou a todos os nenos e nenas a facer un pase-saúdo ao alcalde, como se este fose un señor feudal”.

O BNG solicita tamén que se fagan as xestións para retirar do territorio municipal outros símbolos de clara resonancia franquista que aínda se manteñen en distintos puntos. Por exemplo, un espazo público e de carácter marcadamente social como é o río de lavar que atopamos na parroquia de Erbecedo está presidido por un xugo e unhas frechas, unha exaltación máis que evidente do réxime do xeneral Franco.

Lavadoiro con simbolo franquista no rio de Lavar de Erbecedo-Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

  • BNG de Coristanco.

Comentarios