Remata o prazo para participar no curso de competencias clave de nivel 2 en Carballo
08:07 07/04/16
Mañá remata o prazo para inscribirse no curso de competencias clave organizado pola Bolsa de Traballo - BDT - do concello de Carballo, que pretende facilitar ás persoas participantes o acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2. As probas de avaliación, convocadas pola dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, celebraranse o 21 de maio en Silleda.
Para que as persoas que aspiran a obter o certificado de profesionalidade de nivel 2 se presenten ao examen nas mellores condicións, o concello de Carballo ofrécelles a formación previa precisa nas áreas de coñecemento de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Matemáticas. O curso, que abrangue 140 horas lectivas, comezou o día 1 e rematará o 20 de maio. Hai dúas quendas: de 09.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30, en ámbolos casos de luns a venres. Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles. As persoas que queiran máis información poden pasar polo Fórum Carballo.
As probas de avaliación que se celebrarán o 21 de maio en Silleda están dirixidas a traballadores/as desempregados e/ou ocupados/as que desexen optar nun futuro a cursos de formación profesional para o emprego de nivel 2 , é dicir aquela formación onde se requira para poder participar a titulación mínima da educación secundaria obrigatoria - ESO -.
Novas relacionadas
- Máis ofertas no comezo 2016 na Bolsa de Traballo do Concello de Carballo
- Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte.
- A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos.
- Unha ollada aos completos cursos de Soldadura, Hostalería e Electricidade do Forum Carballo.
- 75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da BDT.