Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rescatan un coche a piques de caer ao río

Rescatan un coche a piques de caer ao río
Bombeiros de Carballo rescatando un coche Bombeiros de Carballo rescatando un coche que case cae ao río

Eran ás 6:30h desta mañá de venres 22 de setembro cando unha saída de vía deixaba un vehículo, co seu conductor dentro, ao fío de caer ao río no lugar da Cepeira, entre Carballo e Coristanco. Acodían de inmediato Garda Civil e Bombeiros de Carballo e comprobaban a situación de inestabilidade do coche, polo que o primeiro que fixeron foi aseguralo co cabrestante do camión.

Despois procederon a abrir o vehículo e viron que hai unha única ocupante que non estaba atrapada e estaba consciente, manifestando que tiña moito frío e medo a que o vehículo caese se ela se movía. Estabilizaron o vehículo con outro cable máis e colocárono nunha posición segura para facilitar o traballo dos sanitarios, que evacuaron á persoa para ser atendida nun centro sanitario.

 

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios