Martes. 19.03.2024
El tiempo

“Resulta moi alarmante o descoñecemento que ten o noso alumnado polo xeral da música galega”

25N no IES de Baio co mestre Manolo Maseda
Manolo Maseda cun grupo de alumn@s do IES de Baio nunha acción do 25N do curso pasado
“Resulta moi alarmante o descoñecemento que ten o noso alumnado polo xeral da música galega”

Coñecémolo do seu inesquecible paso polo IES de Baio. Pero despois de deixar o centro costeiro cunha inercia innovadora imparable, agora atópase en Santiago no IES Milladoiro armando un proxecto espectacular xunto con Martiño Ramos. Falamos do mestre burelán Manolo Maseda, que vén de coordinar un proxecto colaborativo co sue alumnado denominado "Ao Son da Nosa Música”.
Un proxecto que nace co obxectivo de "crear e desenvolver un proceso de participación da Comunidade Educativa no coñecemento, valoración e difusión da música en galego entre a xuventude e ao mesmo tempo aproveitalo como ferramenta impulsora da dinamización lingüística, social e cultural”.

Isto é, analizar os referentes musicais que está a escoitar o noso alumnado. “Desta análise previa resulta moi alarmante o descoñecemento que teñen polo xeral da música galega”, lamenta concluír Maseda.

Porque os resultados dunha enquisa realizada a máis de 1.000 alumnos de toda Galicia é tremendo:

  • Un 80% confesa que nunca -ou case nunca- escoita música en galego.
  • Máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en lingua galega na súa vida.
  • Un 40% do alumnado enquisado non coñece ningún artista ou grupo que cante en galego.

Conclusións aterradoras as que chega este estudo que tamén serve para confirmar outras sospeitas arredor do sistema educativo, como “a presenza maioritaria do castelán como lingua vehicular no ensino musical, tanto dentro dos centros educativos como nos diferentes ámbitos de formación”. O cuestionario revela a “ausencia da música en galego nas propias aulas de música cun 50% que resposta escoitala poucas veces e un 27% nunca”.

Ao mesmo tempo, “partindo tamén dunha serie de entrevistas previas con artistas galegas e galegos, chegamos á conclusión de que é preciso tecer pontes reais entre o mundo artístico e o educativo”, explica Maseda, que sinala que en xaneiro o estudo presentará os resultados definitivos e proporá ideas para lanzar.

Aquí vai un resumo dos resultados:

Comentarios