Venres. 29.03.2024
El tiempo

Sálvese quen poida

Sálvese quen poida

Neste último adianto (previo ao informe completo sobre a pésima saude económica da bisbarra que sairá este próximo mes) quero falarvos de dúas falacias as que se recurre habitualmente ao falar da bisbarra e, sobre todo, ao falar da Comarca de Fisterra (Cee, Corcubión, Muxía, Dumbría e Fisterra). A primeira falacia é moi socorrida nestes días e fala dunha interdependencia entre a economía local (sobre todo en Cee e Dumbría) para coa actividad das fabricas de Ferroatlántica. E deixando a un lado que as duas factorías representan un aporte significativo ao PIB comarcal, deberíamos comezar a falar de números... facendo casos dos números e non dos bares. Vouvos presentar a un amigo. Chamase VEB (Valor Engadido Bruto) e basicamente o que fai e separar por sectores de actividade os aportes ao PIB en cada zona. Existen 12 definicións básicas de VEB que máis ou menos engroban tódalas actividades económicas legais e unha delas é a denominada “Metalurxia e produtos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria” que, coma é obvio, engroba a actividade das fábricas de ferroaleacións. En 2016 esta actividade significou na comarca de Fisterra uns 43.620 miles de euros... en 2010? 84.548. Case o dobre. Outra destas denominacións do VEB fala do que procede das “Administracións Públicas, Educación, Sanidade e outros servizos” que, coma entenderedes, inclue, por exemplo, Concellos, colexios ou ao Hospital de Cee. Ben. En 2010 de esta rama de actividade na comarca de Fisterra se xuntaron para o PIB comarcal 68.893. Vale. Pero en 2016 esa cifra medrara ata os 70.809 miles de euros o que fai que sexa o sector de actividade a día de hoxe mais produtivo na comarca de Fisterra por diante de calquera outro. Existe un mapa na páxina do IGE que mide este VEB en relación a “Economía Galega” e afirma, con razón, que a “Especialización produtiva das comarcas” di que a de Fisterra ten coma fonte principal (en relación a economía galega) a referida as actividades de Metalurxia e productos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria” cun 11% do total do PIB da comarca. Vale. Pero coma esto non queda claro, vou reproducir aquí a aclaración que servidor pediu a un amable técnico do IGE: http://www.ige.eu/Shiny/PIBMunicipal/ Produto Interior Bruto Comarcal na Costa da MorteO sector da Metalurxia e produtos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria” achegou un valor engadido bruto de 43.620 miles de euros (o 11% do PIB da comarca) no ano 2016. Para definir a “especialización produtiva relativa das comarcas” compárase o peso de cada sector na comarca co peso de cada sector en Galicia. Na Comunidade autónoma este sector supón o 2,4% do PIB de Galicia. En Fisterra, este sector presenta o maior ratio entre “Peso do sector na comarca” e “Peso do sector en Galicia”. Por este motivo defínese como “sector de especialización produtiva”, o que non quere dicir que sexa o sector que máis valor engadido achegue ao PIB comarcal.”

Aha.... “o que non quere dicir que sexa o sector que máis valor engadido achegue ao PIB comarcal”. Vale.

Coma sou de defecto preguntón, insistín coa miña pesquisa... “Cal é logo o sector que mais peso real ten na comarca de Fisterra?” ao que se me respondeu que “O sector que máis valor engadido achega ao PIB comarcal de Fisterra no último ano dispoñible (2016) é o de “Administración pública, Educación, Sanidade e outros servizos”, cun VEB de 70.809 miles de euros.” Correcto. Deberíamos manifestarnos pola sanidade, a educación ou para que se amplie e non se reduza ainda mais o persoal no hospital... na vez de polo peche das fabricas. OK .... (esto é irónico, por si non o dades entendido... ou non). Sigo. Será logo que o sector Metalúrxico é o segundo en aportación a ese PIB comarcal? (Fago un inciso aquí. Si falo sempre de PIB da comarca é sola e exclusivamente porque o IGE non pode aportar datos a nivel municipal desta clase por debaixo dos 20.000 habitantes por mor do denominado “segredo estatístico”) Pois resulta que tampouco. En 2016, o sector que máis achegou ao PIB da comarca de Fisterra non foi aquel que encadra as factorías de Ferroglobe, non. Foi o sector comercial, de servizos, transporte e hostalería. 63.278 miles de euros. ¿ E o terceiro?... pois tampouco, dado que ese foi o que corresponde as “Actividades de información, financieiras, inmobiliarias e profesionais” cun aporte de 54.916 miles de euros. Entón, foi o sector da Metalurxia o 4o que máis aportou ao PIB na comarca nese periodo....? si, xa sei, algún a estas alturas o está atacando a risa pero, sendo fiel aos números, si. Esa cuarta praza a ocupa o sector da Metalurxia, que xenerou so 3.000 millons mais que o sector Primario. O permanentemente en crise sector pesqueiro en Fisterra e Muxia, mais o escaso representante do sector agrícola-gandeiro naquel concello e en Dumbría sumaron ao PIB da comarca case tanto coma as duas fábricas. Obviamente, hai detalles que non se poden deixar de lado. As fábricas xeneran con escasamente 400 empregados o mesmo case que outros sectores con máis do dobre de salarios e son, para mais inri, a última actividade industrial consolidada nun territorio que leva xa morto moito tempo. Así que si, hai que defendelos. Hai que defendelos na rúa, hai que facelo porque é o xusto e porque sin eses traballos esto vai a ir (se cabe) aínda peor.

Pero

A segunda das falacias fala da solidariedade e do “escaso apoio” civil aportado aos traballadores de Ferroatlantica en defensa dos seus dereitos. Por favor, que ninguén pense que é obrigado, case irrespetuoso, coma teño escoitado, non facelo. Porque, por esa regra de tres, deixar que as tendas pechen mentres un gasta na Coruña ou no Amazón é igual de irrespetuoso. Ou facer “horas extra” ao sair da fábrica noutras actividades entrando en competencia con autónomos e traballadores que non teñen outra cousa que facer que esa para a que tantas veces “calquera obreiro da fábrica” serve perfectamente. Entendo que todo o mundo por aquí e habil en facer chancas e apaños na súa casa e na dos demais e que uns cartiños extra veñen ben, pero a cuota de autónomo non fai mais que subir e hai que pagala (e aos demais non nola paga Villar Mir), así que, que tal si a próxima vez que pidamos unión e apoio a comarca pensamos tamén en que a comarca é a que está en realidade sostendo os servizos e os dereitos dos que tanto uso facemos e que tanto nos gusta nomear?.... Porque a día de hoxe é o sector público o que máis aporta, con moito, ao PIB da comarca. Concellos, colexios, centros de saude, facenda, Seguridade Social, Hospital... eles son os que hoxe aportan mais ao PIB da comarca e as súas concentracións en demanda de mais prazas ou de mellores condicións dan pena. Non vai ninguen, ninguen os apoia. Nunca. Un médico de familia en Cee pode chegar a ver ata a 55 pacientes ao día, a alguén lle importa?... polo visto non e si fan folga protestamos. O Hospital vive un desmantelamento continuado e evidente, ¿cantos fomos algunha vez a manifestarnos con eles a porta do centro?... xa, xa me imaxino.

O sector comercial e de servizos en Cee, só en Cee, ofrece 5 veces máis empregos que as dúas factorías de Ferroglobe xuntas

As veces os números son bos para medir a dimensión real de cada frase. Cantas páxinas dedica a prensa, cantas horas de radio, a catástrofe absoluta do comercio na bisbarra?... e cantas se levan dedicado ao conflicto laboral en Cee e Dumbría?... Fai moito, moito tempo, que vivimos todos e cada un de nos instalados nun “sálvese quen poda” bastante evidente no que a “solidariedade obreira” deixou paso a un cainismo bastante desesperanzador. Ogalla todo mudase coma por arte de maxia, pero non vai ser así. Será bo, polo tanto que, mentres, sexamos alo menos certeiros cando falemos de algo coma os “pilares económicos” da comarca para colocalos no seu orde preciso: Hospital, Comercio, Profesionais liberais.... fábricas de Ferroatlántica. Nesta orde.  

Informe do pésimo estado de saúde da economía da Costa da Morte

Artigos relacionados

https://quepasanacosta.gal/informe-para-evitar-o-desastre-economico-financeiro-da-costa-da-morte/

Comentarios