Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un Samaín de medo pola Costa

  • Adiado o Samaín das Torres pola allo ante a previsión meteorolóxica
Espectaculo de Samain
O espectáculo "Suaren Bataila" visitará Camariñas
Un Samaín de medo pola Costa

Chega Samaín e son varios os Concellos da comarca que propoñen as súas actividades terroríficas, que tratan ademais de achegar a historia e a orixe do Samaín á rapazada.

Facemos un repaso

O espectáculo ‘Suaren Bataila’ en Camariñas

O Concello de Camariñas celebrará o Samaín o domingo 30 de outubro co espectáculo de ‘Suaren Bataila’, da compañía Hípica Celta, que terá lugar a partir das 19 horas na praza do concello. ‘Suaren Bataila’ é un espectáculo maxistral con seres infernais que desexan acabar co mundo tal e como o coñecemos e que combina diferentes técnicas de lume, interpretación, danza e aéreos. Antes, a partir das 18 horas, haberá inchables para os máis pequenos. A demais, a comisión de Festas do Carmen terá un posto de chocolate con churros e castañas asadas.

Cabazas nos parques de Carballo

cabazas_praza_concello Carballo
Cabazas xa na praza do Concello
As prazas de Galicia, da Cruz Vermella e do Concello, en Carballo xa están en marcha coa campaña Presume de xardíns. Coa axuda do centro especial de emprego Dixardín co obxectivo de fomentar o coidado e o respecto polas zonas verdes e os espazos públicos. 

Ademais, a rapazada poderá encher varios espazos coas súas creacións: rúa Eduardo Pondal, rúa Campo da Feira, Parque do Anllóns e Parque do Chorís.
E como novidade as persoas que nos envíen a a [email protected], fotos da colocación das súas cabazas decoradas nos xardíns recibirán un agasallo.

”O noso Samaín” en Vimianzo

Pola súa parte, o Concello de Vimianzo organizará o vindeiro 31 de outubro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, ‘O noso Samaín’, un obradoiro para a rapazada en idades de entre 5 e 10 anos e que acollerá a Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.

Haberá dispoñibles un total de 20 prazas e a inscrición poderá formalizarse na Casa da Cultura do 21 ao 27 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 717 288.

Samaín no Pazo máis antigo de Galicia

 

Samaín en Laxe

Samain Laxe 2022

Por Laxe, as actividades desenvolveranse do 28 ao 31 de outubro no polideportivo municipal. O público máis novo poderá desfrutar de manualidades e animación musical durante toda a fin de semana, comezando xa o venres en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Ás manualidades e animación musical tamén se suma o túnel infantil de Samaín que, nesta ocasión, terán lugar tanto o sábado pola mañá (de 10:00 a 13:00 horas) como o domingo pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas).
En canto ás actividades para persoas adultas, estas celebrarase o venres e o sábado. Os e as participantes poderán entrar no túnel do Samaín de 23:30 a 01:00 horas.

A última xornada contará unha gran festa para toda a veciñanza na que haberá inchables, photocall, un posto de flocos de millo ou animación musical entre outros. Será de 17:00 a 20:00 horas.

Roteiro en Cabana

Cabana arrinca na súa programación cultural de outono coa celebración do ‘Roteiro Máxico: As cores do Samaín’. A xornada inclúe un roteiro desde o Dolmen de Dombate ata o Castro de Borneiro ademias da animación de ‘Os Quinquilláns, a música de ‘O Son do Castro’ e degustación de castañas.
Imaxe do roteiro do ano pasado
Imaxe do roteiro do ano pasado

Comentarios