Segue as Eleccións Autonómicas en QPC minuto a minuto

08:00 22/09/16

Tocan Autonómicas
Que interesantes son estas citas cas urnas na Costa da Morte. Unhas votacións sempre dependen se falamos en clave municipal, autonómica ou estatal, pois os resultados cambian radicalmente. Nas anteriores Eleccións Autonómicas de 2012 houbo unha soa cor, o azul, salvo en Dumbría, onde o PSOE mantivo a maioría. Pero non estaba daquela En Marea, que irrrumpiu con forza na primeira proba das Xerais de decembro pasado, e que en xuño volvía superar ao BNG e achegarse ao PSOE. Nada que ver coas Eleccións Municipais, onde o pasado 2015 se perfilou un mapa multicolor, onde o PP sufría unha forte caída e o BNG mantiña unha posición importante. Veremos que acontece este domingo. Dende as 20:00h, haberá unha nova na portada de QPC que permitirá ir seguindo os resultados, concello a concello e de xeito xeral, segundo vaia avanzando o escrutinio. Estade atentos, que Galicia se xoga moito.Máis novas electorais
- Eleccións Xerais 2016 #25J: O PP volve arrasar nas Eleccións Xerais na Costa da Morte.
- Eleccións Xerais 2015 #20D: 7 puntos claves das eleccións xerais do #20D.
- Eleccións Xerais 2015 #20D: Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea.
- Eleccións Municipais 2015 #24M: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
- Eleccións Municipais 2015: #24M: Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- Eleccións Autonómicas 2012: O PP arrasa na Costa da Morte nunhas Eleccións Autonómicas marcadas polo descontento.
- Eleccións Municipais 2011: Os resultados das Eleccións Municipais 2011.
- Eleccións Autonómicas de 2009 na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).