Senda Nova afianza a súa necesaria aposta pola formación ambiental
Que cantidade de actividades realiza a Asociación Ambiental Senda Nova, e que importante é o seu traballo de concienciación na nosa bisbarra. Esta pasada semana arrincaron dous dos seus proxectos estrella, as rutas do Outono en marcha emais a Escola Ambiental.
V Escola Ambiental
40 nenos da comarca de Bergantiños, de entre 8 e 12 anos, cos seus pais e nais, asistiron á presentación este pasado sábado da 5º edición da Escola Ambiental de Senda Nova. Un proxecto educativo que segue contando co Concello e coa Federación de ANPAS da Costa da Morte, e que pretende destacar a través do traballo coa mocidade, os lugares de interese ecolóxico, cultural e paisaxístico da bisbarra.
A Escola ten unha duración de 8 meses e desenvolvese en tres grandes áreas en canto a contidos: Ecoloxía, Cultura e achegamento físico ao medio natural, dividíndose á súa vez en sesións de aula e saídas ao medio natural para completar a programación máis ambiciosa da nosa entidade. Convértese así nun auténtico marco de aprendizaxe en canto ao deporte e a actividade no medio natural á vez que trata de resaltar os recursos naturais como xeito de economía tradicional e sostible.
Inscrición aberta
Debido á dificultade de chegar en tempo a eses nenos e nenas a través dos centros de ensino, sigue aberto a posibilidade de inscrición para todos aqueles que cursen 3º, 4º, 5º, 6º de primaria. Podedes facelos en [email protected] ou 636 326083.
A chuvia recibíu o Outono en marcha
Sesenta bravos participantes percorreron a 3ª ruta do Outono en Marcha polas Terras do Marqués no que foi unha xornada climatolóxicamente difícil, estreando frío e cunha choiva por veces forte, para debuxar o arco da vella no horizonte da comarca. Un animoso grupo de rapaces e rapazas da Escola Ambiental, interveu na paisaxe de Ardaña pouco antes do estreo do mediodía e de aterrar nunha das mámoas da Peniqueira.
Os pazos de Gontade, Vilar de Francos e As Pallas foron a estrutura dunha senda que se completou con variado patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico.
Novas relacionadas
- Arranca a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova.
- Senda Nova despide a IV edición da Escola Ambiental.
- Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
- A natureza e o asociacionismo danse da man nas xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova