Martes. 10.09.2024
El tiempo

Senda Nova invítanos a coñecer mellor os nosos bosques

Senda Nova invítanos a coñecer mellor os nosos bosques
Conecendo os Bosques de Bergantinos con Senda Nova Coñecendo os Bosques de Bergantiños con Senda Nova Primavera en Ruta, historias de Inverno, a Escola Ambiental… Tremendamente importantes son as actividades da Asociación Senda Nova para o respecto ao noso entorno. Agora, queren ofrecer un novo programa para pechar este inverno, que pretende achegarnos dun xeito interpretativo ás masas de bosque autóctono, traballando na sensibilización e a través de diferentes actividades, moitas delas, en contacto co medio natural. O programa inclúe varias saídas por masas de bosque autóctono da bisbarra, co claro obxectivo de dalo a coñecer en grupo e de xeito respetuoso co medio. O río Bardoso ao seu paso por Montemaior, na Laracha, é o primeiro destino que terá continuidade o mesmo día, sábado 4 de marzo, coa visita pola tarde á Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. En ámbalas dúas excursións, as saídas serán dende A Laracha e Carballo (9:15), tendo que inscribirse previamente de balde antes do venres 3 en [email protected], ou 696155232. Para o domingo día 6 quedará a ruta Camiños de Aldemunde, que, dende o bosque da Ribeira da Pena, levará ao patrimonio cultural máis importante da parroquia carballesa.

Todo o programa

Dias dos Bosques de Senda Nova 2017 "El Secreto del Bosque e Tukki" e “la Huella Ambiental” son dúas proxeccións para os días 9 e 16 respectivamente. Os documentais pertencen ao arquivo do CEIDA Butaca Verde e a súa temática é ben acorde coa sensibilización sobre os bosques autóctonos. As reproducións serán ás 19 h. dende a Escola de Oza e a entrada será libre. Para o día 6 e 7 de marzo teñen reservado un obradoiro de pegadas, que achegará ás rapazas e rapaces de 5º do colexio Otero Pedrayo da Laracha, aos rastros que diferentes animais nos poden deixar no bosque e traballar na súa observación. O Día 19 será o peche dos Días das Árbores, co tradicional Día da Árbore, desta vez coa plantación conxunta de especies autóctonas que terá lugar dende a Escola Unitaria de Oza, aberta a todo o mundo. Só tes que traer o teu cubo e a túa pala ás 11 h. dese domingo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Senda Nova.

Comentarios