O SERGAS reúnese cos alcaldes de Bergantiños, comarca que suma 164 casos activos
- A comarca ten 27 casos activos menos que a semana pasada
Esta mañá houbo unha xuntanza do Sergas cos alcaldes da comarca de Bergantiños. Unha reunión que tiña como finalidade de abordar a situación sanitaria xerada pola COVID-19 nunha comarca que suma 164 casos activos, que manteñen as restricións nos Concello da Laracha, Carballo e e Ponteceso, e que ten provocado situacións como as protestas dos traballadores do Hiper Gadis ante a falta de información.
A Xunta ofreceu por primeira vez datos oficiais en todos os concellos da comarca. distribución dos positivos é a seguinte: Carballo (66), Ponteceso (32), A Laracha (23), Coristanco (13), Laxe (11), Cabana (10), e Malpica (9).
Son 27 casos activos menos que a semana pasada.
Novidades no ensino
Polo de agora, o comezo do curso non está demasiadas alteracións. Si que esta fin de semana se tivo constancia dun positivo dun alumno do CEIP Nétoma-Razo. Por parte da dirección do colexio activouse o protocolo establecido pola Xunta de Galicia e solicitouse a colaboración do Concello de Carballo para realizar unha desinfección especial tanto da aula do alumno afectado coma dos espazos comúns. A desinfección levouse a cabo o mesmo domingo.
Mentres, na Laracha houbo tamén unha reunión do Comité de seguemento, na que se deu conta do inicio do curso escolar sen incidentes na escola infantil A Galiña Azul nin nos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión, nos que o Concello reforzou a frecuencia das limpezas e desinfeccións durante o horario lectivo en cumprimento do protocolo establecido pola Xunta.