Xoves. 24.09.2020
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá comezará a traballar en 10 concellos nas vindeiras semanas

Evaristo Lema presidente de Aspadex co Alcalde de Dumbria Jose Manuel Pequeno
Evaristo Lema presidente de Aspadex co Alcalde de Dumbria Jose Manuel Pequeno
O Servizo de Atención Temperá comezará a traballar en 10 concellos nas vindeiras semanas

Nas vindeiras semanas botará a andar o servizo de Atención Temperá en 10 Concellos da bisbarra. Unha demostración de que cando os Concellos se unen conseguen sacar adiante fermosos proxectos, coma este, que permitirá ofrecer un servizo esencial a familias con [email protected] de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

En menos dun ano 10 concellos da zona (Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas) únense para cubrir esta necesidade. Onte tiña lugar a rúbrica en Dumbría, da sinatura do contrato para a prestación do servizo. Foi o alcalde de Dumbría (o concello que asina oficialmente) José Manuel Pequeño Castro, o que asinou o contrato co o presidente de ASPADEX (Asociación de Padres de niños deficientes psíquicos de la Comarca del Xallas), Evaristo Lema Antelo. ASPADEX será a entidade encargada de prestar este servizo, que estará integrado por tres profesionais: psicopedagogo/a, terapeuta ocupacional e logopeda.

O servizo centralizarase en dous centros: un situado no Ézaro (Dumbría) e outro situado en Vimianzo, pero ao mesmo tempo ofrecerá unha atención itinerante.

Novas relacionadas

comentarios